Páxinas

sábado, 3 de marzo de 2018

Petate



Chove en Santiago, meu doce amor, e pola noite é a celebración dos anos de Venres.
Así que en nada me poñerei co petate: os agasallos (o espín, o petroni e a pulseira de trinta euros), algunha roupa para me mudar se é que finalmente quedo até luns, e unhas aletas; tamén fago acopio dunhas ganas que non teño de saír toda a noite: se por min fose, ceariamos na casa e veriamos calquera película en lugar de deixarme arrastrar de Alxeciras a Estambul polos garitos de sempre.
Consecuencias da idade? Seguramente; non direi que non..

3 comentarios:

Chousa da Alcandra dixo...

O importante é non mollar nin a cabeza nin os pés...

Anónimo dixo...

Encántame a imaxe, non me gusta tanto o "PLANAZO", nin sexo nin marcha, onde imos ir parar!
Saúdos dende unha Selva convertida (xa para sempre?) en deserto.
X

Anónimo dixo...

Seguimos existindo?
X