Páxinas

xoves, 8 de setembro de 2011

Sunshine Award

Todos os que me len o blog saben que os memes me gustan máis que a un parvo un rotulador; sen embargo  hai algo aínda mellor, e é cando a un lle dan un premio.
Neste caso non me caeu nin a primitiva nin os cegos nin terei que desprazarme proximamente a Oviedo: a imprescindible e grata Zeltia tivo a ben concederme o Sunshine Award, premio cun nome de tan exóticas reminiscencias, coa condición de concederllo á miña vez a outros doce blogues.
Que escollín entre os que manteñen relacións con Ithaca á medida que se me viñan á memoria, e por ningunha outra razón; como só entraba unha ducia, e a memoria non dá para máis, despois de descartar os que xa estaban na listaxe de Zeltia, eis os que quedaron.

    1. Paradela de Coles.
    2. Selva de Esmelle.
    3. Boquitas pintadas.
    4. Anchoas y tigretones.
    5. Cómputo de fantasmas.
    6. Pé de meia.
    7. Desde a gaiola.
    8. O pergamiño de Xan.
    9. O mundo de Magdalena Malungo.
    10. Congo y yo.
    11. Gradicela.
    12. Efecto bolboreta.

Ningún comentario: