Páxinas

mércores, 23 de marzo de 2011

Liz Taylor (1932-2011)


Poderemos discutir se era a máis fermosa (e a súa beleza, á vista está, mesmo doe) ou só unha das máis fermosas; posiblemente diremos tamén que foi un dos temperamentos máis difíciles do cine, cos seus oito casamentos e as súas adiccións; lembrarémola xunto a Burton no papel couché, entre decorados exipcios ou na angustiosa sala de estar en que se odiaron para o público; talvez nos conmoverá recoñecer na mociña de Lassie e na deslumbrante gata sobre o tellado a anciá en cadeira de rodas que loitou por que a SIDA non fose invisible; dirán algúns que acabou converténdose nunha caricatura dela mesma, e lembrarán quizás con emoción o tempo en que ela soa enchía a pantalla co seu talle imposible de vespa e os seus ollos cor violeta.
Din os informativos que hoxe morreu Liz Taylor.

14 comentarios:

Paulo Ramos dixo...

http://tantosoutonos.blogspot.com/2011/03/lembrar-excelentes-gentes_1417.html

Fico feliz que estejas pela net e venhas visitar-me...

mfc dixo...

Foi uma mulher que nos marcou!
Foi uma óptima actriz e uma lutadora por ideais!
Curvo-me perante a sua memória!

A cruz da Campá dixo...

Tamén a recordaremos por recibir un regalo do seu, dúas veces, marido, Burton; regalo de triste lembranza para a Monarquía Española. Este regalo consistia na última gran xoia da dinastia dos Austrias (non recordo o nome) que foi roubado por José Botella (de mal nome, irmán de Napoleón) e vendido, non sei o camiño que andivo a xoia pero chegou a mans de Burton e regaloulla a Liz. Saudos.

Sun Iou Miou dixo...

Eu sabía que hoxe en Itaca (é inevitable: para min isto segue sendo Itaca) non faltaba unha homenaxe.

Anónimo dixo...

Noraboa por sobrevivir ao naufraxio. Xenial, seguirán as homenaxes e comentarios atinados. Grazas Reincidente. Biquiños doces. Mor

X dixo...

Por veces o glamour tapa a sétima arte, quizais ela fose un extraño caso de equilibrio.
A cruz da Campá, a xoia da que fala é a perla Peregrina (http://st-listas.20minutos.es/images/2009-02/82202/2874091_640px.jpg?1297583046), pero o verdadeiro "regalazo" que vai pasar a historia foi o diamante Taylor-Burton (http://www.anapassos.art.br/blog/wp-content/uploads/2009/10/Ana-Passos-TaylorBurton-Diamond.jpg).

mariajesusparadela dixo...

Déixanos un pouco orfos..ou o que sexa.

Bolboreteira dixo...

Unha gran muller, transmitía moita fortaleza e coraxe.
Merecida homenaxe!
Bicoss!!

Anónimo dixo...

¡Unha muller inesquecible!
biquiños,
Aldabra

Raposo dixo...

Vaites, eu tamén veño de escribir algo sobre ela no blog. Sen dúbida, unha das mais grandes.

A nena do paraugas dixo...

Nunca esquecerei a esta muller, a esta "Gata sobre el tejado de zinc caliente".

Bicos.

Xan dixo...

Eu sempre a percibín como unha actriz moi fermosa e pasional cunha vida moi turbulenta.

susana moo dixo...

Para o meu modo de ver tivo traballos moi dispares en relación a calidade, encantoume en "La gata..." pero nada de nada en Cleopatra.
Alá foi.

zeltia dixo...

Fose mellor ou peor actriz ninguén pode negar que era atraínte, que a súa beleza cautivaba.
Marcou unha época na vida de moitos nós, un tempo de soñar.