Páxinas

luns, 31 de xaneiro de 2011

XXL

Esculcando polas carpetas do disco duro externo, ese enorme hangar ateigado de cousas non sempre identificadas, atopei varios vídeos curiosos que irei subindo aquí para seren vistos, e así ao paso me deixan espazo libre no almacén.
Este anuncio,  pura blaxploitation a medio camiño entre Bricomanía e a reciclaxe máis apañada, non deixa de ser simpático. 

8 comentarios:

Chousa da Alcandra dixo...

A tv engaña moito. En realidade o paraugas da señor(it)a era tamaño mini.

Aldabra dixo...

quería decirche algo ó rspecto do teu comentario na última entrada do meu blog... sinto que che moletara un pouco o da letra da canción, ben, aínda que non teño porqué, quero explicarche porque a deixei... verás no meu blog non acostumo falar de política, aínda que non fai falla porque as ideas vense de outros maneiras e as miñas nada teñen que ver coa letra desa canción... é verdade en que tiven dúbidas acerca de deixar a letra pero logo me dixen ¿por qué non?, neste tipo de post só me limito a deixar información o mais asépticamente posible, pretendendo non lastimar nin ferir a ninguén, e pareceume importante deixar as letras dos tres e comparar, tendo en conta que o libro en cuestión "Inquietud en el Paraíso" é un libro sobre a guerra civil.

en fin, que espero que non che pareza mal esta pequena aclaración, quédome mais tranquila.

biquiños.

p.d.: vou deixar o comentario tamén no blog.

paideleo dixo...

Pois hai que ir soltando lastre que tamén queremos sorrir os demáis.

Anonymous dixo...

Mola. Pon máis.
Perry

peke dixo...

Onde atopan vostedes estas cousas?

zeltia dixo...

Está chulísimo.

[estaba pensando agora mismo, que da pena que a vida se acabe, hai tantas cousas coas que marabillarse! a beleza, o inxenio, a intelixencia e a agudeza mental, a arte, a poesía, a imaxinación, o amor, o sexo... os sabores exquisitos, ai ai, ai]

susana moo dixo...

jajaja
boísimo
é que os negros teñen moita ... imaxinación (disque)

mfc dixo...

Original...