Páxinas

luns, 20 de xullo de 2009

Retratos


Neil Armstrong retrataba a Edwin Buzz Aldrin na base lunar, pouco despois de ter pronunciado a famosa frase e antes do regreso; casualidades da vida, o propio Armstrong autorretratouse sen querer no cristal da viseira de protección de Aldrin. Collins, fóra do escenario, orbitaba.
Atrás, á esquerda, na pequena esfera branca a humanidade, coma un único home, aínda contiña o alento; aínda era posible que os astronautas desaparecesen na procelosa area do Mar da Tranquilidade, ou que a mala sorte os convertese para sempre nun satélite.
(Alleo a todo, eu, de só tres anos e medio, conta miña mai que a esa hora durmía coas meixelas inchadas polos orellóns).

3 comentarios:

Tongzhi dixo...

Esta foto está fantástica. Lembro-me tão bem dessa memorável noite passada a olhar para a televisão.

mariajesusparadela dixo...

Pois, dígolle unha cosa: non me importaría morrer no mar da tranquilidade...

Sun Iou Miou dixo...

Recordo cando me chamou miña nai para ir ver a tele ese día. Pouco máis.