Páxinas

sábado, 16 de maio de 2009

Devolución

Onte foi día de contas con Facenda: o borrador, que me era favorable, viuse sobrepasado pola realidade, de maneira que volvo para a casa facendo as contas da leiteira, sen cántaro e, espero, sen mala sorte.
En números redondos é o soldo de un mes, que servirá para inxectar liquidez na economía aínda que polo de agora non sei baixo que forma. Está claro que amortizarei un pico da hipoteca e que non cambiarei polo momento de coche, diga o que diga Polis; tampouco teño moi claro que vaia renovar o colchón, moi cómodo aínda cos seus anos, nin comprar un televisor con pantalla plana ou un novo ordenador, esta vez de mesa. Non nego que pensei nunha escapada a Estambul, en matricularme nun curso de inglés no estranxeiro ou en levar a señorita Kaplan en Xullo a coñecer Venecia, sen darme decidido por nada.
Parentes e amigos tentan contaxiarme os seus propios soños, e renovar o vestiario, cambiar de móbil, poñer cortinas no estudio, investir na bolsa ou comprar un home cinema son propostas tentadoras, pero que non me enchen o ollo.
Empezo a pensar na razón que tiña o varrendeiro Doolittle ao rexeitar as dez libras de Higgins porque eran moito diñeiro e logo o viraban tan prudente a un que non se atrevía a gastalas.
Ai, co ben que estaba eu coa devolución do borrador!
(Mentira cochina, só necesito tempo para decidirme)

4 comentarios:

bueno dixo...

Buenos, Kaplan! Tem gente que nao tem nem um teto sobre a cabeca. Pensando assim, somos muito previlegiados.

Sun Iou Miou dixo...

Vaia, outro ao que lle sae a devolver, pfffff...

(`_^)

X dixo...

Que gusto de papoulas!

mariajesusparadela dixo...

Pois, iso é o mellor: ter tempo para facer plans. (Eu compro lotería na navidade so porque sempre me sae rendable co que podo soñar gracias a ela...)