Páxinas

domingo, 8 de marzo de 2009

Mamíferos

Bronca con Polis onte á noite nos viños; en realidade, bronca non, porque Polis é dos que inchan, e só por facer unhas risas con Encantador e recordar, moitos días despois, frente á barra dun bar, a tarde remota en que o levei a comprar o agasallo do bebé de Mirinda, e este homón de 44 anos que sabe disolver sociedades anónimas e mercantís, que asesora en litixios e repite leis coma un loro, mentres esperábamos pola dependenta, xuro que confundiu un sacaleite que había nun expositor cun extractor de vómitos (lácteos) infantil, algo talvez moi práctico pero que non se vende nas tendas.
Talvez non debín preguntar daquela, pero logo non houbo remedio (un saca...que?) e así Polis deu de fociños coa natureza, coa parte máis evidentemente animal que hai en nós, e aínda ben o fixo para escrupuloso que é.
De onte non teño claro aínda se o que a Polis sentou coma un tiro foi que eu contase o episodio facendo comandita con Encantador, ou que o contase imitando, copa en man, ao Condemorrr.

6 comentarios:

mariajesusparadela dixo...

¿Vostede viu algunha vez andar un avestruz? Seguro que ía rir un pouco, botan o pe diante tal cual o Chiquito da Calzada...¿será isa a parte de animal que hai no Codemorr?

Perry dixo...

Yo no soy Polis y prefiero no pensar para qué sirve un cacharro de ésos.Da como yu-yu.

Anonymous dixo...

Perdón, esquecín, o anterior comentario é meu.
Saúdos.
X

Anonymous dixo...

Eu opto pola segunda opción, segundo que o que o amolou foi esa extraña alianza.
E vostede que? Indo de pai supermegaexperimentado?

Anonymous dixo...

Por certo, aínda non llo dixera, encántame a nova foto.
X

Sun Iou Miou dixo...

Tamén non era mala idea inventar un sacaleches para as outras, as que doen.