Páxinas

venres, 9 de xaneiro de 2009

Xaneiro


O verdadeiro milagre do Nadal é cando ao día seguinte de Reis a árbore, o nacemento, os agasallos, toda a batería de papel, cartón e celofán que os envolvía, os adornos que encheron de brillo e felicidade os recantos da casa, se converten en repelentes obxectos que cómpre perder de vista canto antes.
Das gorduras que rebentan lorzas e amortecen cadeiras que nunca foran apolíneas, mellor non falarmos.

3 comentarios:

Sun Iou Miou dixo...

Esa foto parece o meu retrato.

paideleo dixo...

O Leo levou unha boa sorpresa cando desapareceu a parafernalia toda.
A ver se me poño co blogo; teño falla de inspiración e o Leo pachuchiño.

Perry dixo...

Que vaya con buen viento la tal navidad