domingo, 28 de decembro de 2008

Broken heart


Porque somos incompatibles, porque pertencemos a mundos moi distintos, porque temos obxectivos e puntos de vista contrarios, porque disque a distancia apaga o cariño, por mil cousas ao final o noso non puido ser.
E non hai por que non contalo aquí, posto que se acabará sabendo.

Pero dime, Carmen: apesar de todo, will you still love me tomorrow?

9 comentarios:

Tereholmes dixo...

No fixo e no móbil salta o contestador, non respondes aos sms. Estás pechado na casa con alguén que non coñezo, estás de viaxe... ou qué... Polo menos contesta aos sms, si fas o favor..

Sun Iou Miou dixo...

Iso, polo menos contesta aos sms!

E bicos para ese corazón roto.

Kaplan dixo...

ke máis quixera! (non dou atopado o móbil por máis que o busco)
(ah, querida sun: non sexa inocente!)

Anonymous dixo...

Boa Noite! Estou teclando de São Paulo, no Brasil. Desculpe minha ignorância, mas a que país você pertence. É meu primeiro contato com o blog e gostei DEMAIS de tudo que li e vi; ótimo blog, assuntos interessantes, colocações inteligentes...mas fiquei intrigado com teu modo de escrever.Parece português, obviamente, mas com certeza não é nenhuma forma de português que conheço. Desde já te agradeço o que puder me informar.(Pietro Brizzi)- meu e-mail=pietro.brizzi@hotmail.com/

mariajesusparadela dixo...

Primeiro contéstelle ao señor Brizi, que non sabe galego...madia leva.
E, lembre: o que non pode ser, non pode ser, porque ademais é imposible.

X dixo...

E eu que pensaba que a nosa querida Tereholmes para non desvelar os seus segredos desaparecera para sempre :O
Pero home, vin formas máis disimuladas de pedirlles un móbil aos reis.
Tamén perdeu o fixo? Non dá coa casa?
Onde meteu o compás que lle regalei para que deixasen de pasarlle estas cousas?
Déixoo, que de seguro terá moito traballo respondéndolle ao señor Brizi.
Por se non teño oportunidade de me volver conectar antes do día D, deséxolle un moi feliz 2009 ;)

Noemí Pastor dixo...

Qué bonito. Qué bien mezclan el gallego y el inglés.

paideleo dixo...

Que duro eres con ela, Kaplan.
Que remata ben este 2008 con esas dúbidas dende o Brasil e esas mezclas de inglés y gallego.

Feliz 2009.

bueno dixo...

minha mae me dizia: quando uma porta se fecha, abre-se outra em algum lugar que talvez ainda nao vemos.