domingo, 30 de novembro de 2008

Lista de espera

 A primeira da bicha, con permiso de Polis e de Encantador, que para iso fixeron o agasallo, é a miña irmá, que pregunta onde se apuntar mentres tomamos turrón adiantado co café na súa casa.
As condicións son que a caixa da colección non sairá da casa baixo ningún concepto, e que para levar un disco haberá que entregar o anterior, como se fai coas bombonas do gas.
Despois están a miña sobriña, que quere ver a serie coas amigas, e dúas colegas do instituto (Cam, unha delas). Teddy tamén me pediu un día destes que o apunte, que está interesado en vela, pero que non lle corre présa.
E a señorita Kaplan, xa a semana pasada, pero a ela tócalle dentro de 10 anos.
Alguén máis se apunta? (Por favor, collan número).

4 comentarios:

paideleo dixo...

Pois eu non collo número.
Un saúdo.

X dixo...

Se non me deixa a caixa cos caixóns de fitas de cetín de cores nin falamos do asunto :(

Sun Iou Miou dixo...

Eu tampouco lle collo número, que bastante teño co serial da miña vida. Pero ténselle a oferta en conta.

Perry dixo...

Con suerte me la traerán los reyes majos