sábado, 6 de setembro de 2008

Meme lector


Este meme que lle roubo a Noemí Pastor é un pouco para axudarme a facer balance das lecturas estivais e un pouco por dar de comer ás vacas fracas que tan mal lle acaen á blogosfera. Así, pois, procedo:
2. A medición do mundo, de Daniel Kehlmann.
3. Polvo eres, de Nieves Concostrina.
4. La invención de Hugo Cabret, de B. Selznick.
5. Atando cabos, de Annie Proulx.
6. Mortaja para un ruiseñor, de P.D. James.
7. La muerte viene de lejos, de J.M. Guelbenzu.
8. El cuadro perdido, de Jonathan Harr.
9. O ceo dos afogados, de Francisco Castro.
11. Muertos de papel, de Alicia G. Bartlett.

Cómpre dicir que só enumero os libros lidos por completo e non os que ficaron polo camiño, que tamén os houbo, porque agora non teño a lexendaria paciencia de cando era mozo e xa non lle permito a calquera que indecentemente me roube o tempo e me maltrate impunemente cos seus textos inaturables.
Para responder a el escollo, intrigado, a Peke, a Sun, a Queue Bleue, a Paideleo e a Daniel Rambaut, pero por suposto responda tamén todo aquel que queira responder.

8 comentarios:

Sun Iou Miou dixo...

Íalle dicir que non mo tomase a mal, Kaplan, pero é vostede moi libre de tomalo como queira. O caso é que non lle acepto o desafío. Non creo que o que lin ou deixei de ler sexa de interese para ninguén, pero sobre todo non teño gana ningunha de facer un listado e non quero converter o pracer de redactar un texto nunha tortura. Dalgunhas das marabillas que lin dei unha que outra pincelada no blogue porque me apeteceu.
E non quede intrigado, que non ten misterio ningún.

Beixiño.

Noemí Pastor dixo...

Pues sí que has leído. Veo que el virus negro se extiende por el mundo. ¡Ja, ja! (Risa malvada)

D.Rambaut dixo...

O.O

Daniel

D.Rambaut dixo...

"Cómpre dicir que só enumero os libros lidos por completo e non os que ficaron polo camiño, que tamén os houbo....."

Ñañañañaññaña.... :-P

Chuliño¡¡¡

Daniel

D.Rambaut dixo...

Pois pouca cousa ( en cantidade me refiro):
* "The Gargoyle" de Andrew Davidson.
* "The last lecture" de Randy Pausch.
* " The monster or Florence" de Douglas Preston
e
* "Parado na tormenta" de Suso de Toro, un agasallo de fae uns días e ainda sen rematar.
.... pendente de comezar coa " Sombra del viento" de Zafón... xexexe...


Unha aperta don Moito Tempo para Leer,Pasear, Fotografar.... e non sigo.

Daniel

D.Rambaut dixo...

:-(
Esquecín "Consumir menos Vivir mejor" de Toni Lodeiro. Éste só unha boa parte, na información xa coñecida "puxen unha paréntese" e algún anaco de www.josesaramago.org.

Daniel

peke dixo...

Fareino cando se me pase o desgusto de ter perdido o que tiña metido no ordenata por mor dunha tormenta. Si, Kaplan, si, a min tamén me pasan estas cousas.

La queue bleue dixo...

Ei, Kaplan, sinto-o muito mas parece que o meme este dos livros nom vai ter mta acepçom... eu também me recuso, basicamente porque, shame on me, nom tenho andado a ler grande cousa. Nem a ler, nem a ver filmes, enfim... que nom me cultivo nada e estou a ficar um ermo! Comecei alguns e tal, mas... Mas se acaso, nalgumha época de mais actividade, se me lembro, respondo o meme, sim?