mércores, 23 de xullo de 2008

Posta a punto


Segue a posta a punto do ordenata, que volveu onte ao serán para a casa.
Pouco a pouco vou recuperando os enlaces e as sementes que gardaba na memoria agora formateada; é laborioso pero pódese facer. O que xa non se pode é recuperar un arquivo de fotos da señorita Kaplan, e xa veremos que vai pasar cos vellos arquivos de texto escritos en pergamiño avitelado, ou pouco menos.
Un dos refráns favoritos de miña mai encaixa en todo isto coma unha luva: Tardes de risos, vésperas de choros.

4 comentarios:

peke dixo...

En fin, que o acompaño no sentimento. Eu tamén pasei por esas.

Sun Iou Miou dixo...

En versión "Noites alegres, mañás tristes" sabíao eu. Pero aplíquese o conto das copias de seguridade. Con virus ou sen eles, as máquinas estoupan co tempo (e cada vez antes, por que será?).

Anonymous dixo...

Yo conozco Días de mucho, vísperas de nada, que viene siendo similar. Saludos.
Perry

D.Rambaut dixo...

¡MIÑA NAICIÑA..... PERO QUE ERÓTICA GARDAN ESAS LUVAS... AINSSSS¡¡

Daniel

pd: perdóeme o atrevemento :-((