sábado, 16 de febreiro de 2008

Chatwin

 Terminei onte Colina negra, de Bruce Chatwin, que comezara entre antibióticos nos primeiros días do ano.
A máis sedentaria novela do que fora autor imprescindible hai cinco anos (os que levaba perdida polos estantes da casa, só agora reaparecida cando tento reorganizalos) soubo atraparme logo da desesperante, vacía, impertinente e innecesaria verborrea da catastrófica Moure: a prosa de Chatwin, sen embargo tan chea de detalles, tan precisa (todas esas descricións da natureza, o léxico de plantas e animais, mesmo de utillaxe agrícola, nunha tradución moi coidada) non impacienta en absoluto.
Ao contrario; de modo que non saltar parágrafos, follas e até capítulos inteiros acaba sendo, unha vez máis, garantía de excelencia.
O resto non é máis do que tedio e horror vacui. Bla bla bla.

3 comentarios:

Perry dixo...

¡Vaya cambio de apariencia! Concuerdo con tu amigo X: esto ha mejorado. ¡Adelante!

Perry dixo...

Ah! Se me olvidaba: no conozco a Chatwinn, pero tomo nota.

peke dixo...

Gustábame moito Chatwin hai uns anos. Debo de ter aínda algún libro del sen ler. Sobre o outro, non sei se concordo plenamente, pero no seu día horrorizoume.