xoves, 13 de decembro de 2007

E la nave va...


Este blogue cumpre o primeiro trienio.
Cun lastro de 529 entradas e 2.971 comentarios, unha pasaxe exigua pero teimosamente fiel, un timoneiro máis ben desidioso e trapalleiro, tras unha travesía algo accidentada de Atenas a Ithaca (tres tobos, dúas hipotecas, dous ordenadores, máis de 20.000 cigarros), e un historial de abandonos, mudanzas, encerramentos por vacacións e lock-out diversos.
Eppur si muove...!

7 comentarios:

paideleo dixo...

Noraboa. Non muitos blogueiros poden dicir o mesmo.

X dixo...

Vostede e os seus aniversarios vanme volver tola.
Pero non son catro anos?
novembro 2003-novembro 2007?
2007-2003 = 4?
:-O
Sexa como for, fermosísima nave.

X dixo...

Pois o caso é que agora non sei se engadilo ou non, porque se o engado estarei superactualizadísima dos seus movementos, mais, se non fago todas esas visitas infrutuosas, tamén perderei eses paseos polo seu pasado.
(X vaino ir pensando)
De todas formas agradécese o megadetallazo, menos mal que veu Cesare apoiar a causa!

D. Rambaut dixo...

;-) ;-) ;-)


Daniel

peke dixo...

Parabéns, moitos moitos. :)

Perry dixo...

La verdad es que me parece todo un record de resistencia, yo, que apenas levo unos meses con mi bitácora abierta.
Te deseo que llegues, por lo menos, al sexenio.

Cesare dixo...

cachisemplín, así que xa temos RSS? A ver se atopo como... Parabéns, Kaplan.