sábado, 10 de novembro de 2007

Tizona

E onte, tamén inesperadamente, o que me regalaron foi unha espada.

A estas alturas non me pasou aínda o que sexa que me deu onte á noite cando Polis e Encantador me fixeron entrega desta auténtica réplica da folla do Cid, un complemento que non debe faltar en ningunha casa hoxendía.
Ignoro que pasou polas mentes de sir Lancelot ou do rei Artur en tal trance, pero, ataviado cun mandil luxado de bechamel e mollo de tomate, a min fraqueáronme as pernas e a piques estiven de deixar caer as copas que levaba para a mesa redonda do comedor.
Como desboto baterme en duelo co meu cuñado, medindo o meu aceiro coa katana que el conseguíu cos puntos do restaurante chino, e como iso de Sangue, suor e pó, Kaplan cabalga non mola nada, tampouco se me ocorre que facer coa xenuína Tizona falsificada que polo de agora intima cos paraugas, no roupeiro.
Admítense, pois, suxestións.

12 comentarios:

Fada Branca dixo...

Estou esperando ese meme, tomate o teu tempo. Como xa che pedín opinión para o meu, agora pidoche o mespo para o post que colguei onte a noite. Grazas

O Raposo dixo...

Ben afilada pode valer para cortar o pan, tomates, etc. Porque o de batirse en duelo e mais propio de épocas pasadas.
Apertas.

peke dixo...

Faga o pailán e cólguea no salón. ;)

Cesare dixo...

Definitivamente, como xoguete sexual

D.Rambaut dixo...

Por Deus¡¡¡¡ Faga o que lle apeteza pero non a suba o rocho.


Daniel

pd: O comentario do "cesare" deixóume pampo ;-))

Anonymous dixo...

Eu apoiaría unha mestura enter a proposta de Cesare e a de Peke para cando non estea en uso :D
X

peke dixo...

Estamos agardando polo meme das oito cousas, sr. Kaplan. Para cando? ;)

A profa dixo...

Non me diga que a usou para un hara-kiri en plan Mishima?
:O

Perry dixo...

Están agardando polo meme de marras (respecto á espada, que queres que che diga? Eu, cortaba o xamón con ela!)

Mr Tichborne dixo...

Perry rouboume a idea. Ben afiadiña, para cortar o serrano. Moito mellor que para descabezar mouros.
Por que os agasallos incómodos e non desexados son tan tan GRANDES? Se ainda a puidera meter nun caixón...

Pájaro Azul dixo...

¿Que has hecho kaplan? ¿has cortado las amarras con esa Tizona, y navegas por otros mares en busca de una nueva Ithaca?

pe-jota dixo...

Puede servir como quitamanías de algún desaprensivo?¿, aunque un tanto aparatoso