luns, 5 de novembro de 2007

Aniversario

Si, a noticia é certa, por moito que tentei non pensar nin dicir nada nin facer nada diferente do que faría calquera fin de semana normal con nena.
Como se o silencio favorecese olvidos e erros de cómputo.
Pero non valeu de nada: a miña filla regaloume un postal cheo de flores e brillos e cores feito coas súas propias mans; miña irmá autoinvitouse a un xantar que tiven que improvisar nun par de días, mentres poñía pose de ofendido perante a idea de que pensasen que non ía haber faustos nin celebración; Teddy fai o propio cunha cea con presente e sexo, de momento sen data por problemas de axenda; idem con Polis (neste caso sen sexo, polo menos comigo).
O móbil, que permanecera apagado todo o día, pariu 14 mensaxes sucesivas de felicitación, algunhas mesmo con grave perigo para as miñas orellas, e unha máis de quen non sabe dos meus anos, que me anuncia que regresa.
O máis sorprendente, sen embargo, os parabéns de dúas blogueiras amigas.
A todos e todas, grazas por mo recordaren .

(Non fose ser que me esquecese).

10 comentarios:

Pájaro Azul dixo...

Cuan joven es usted mozo!
Creo interpretar que cumple usted 42. Si mi lectura es correcta, mis mejores deseos de felicidad.
Un besazo

Tongzhi dixo...

Muitos parabéns!
Abraço!

peke dixo...

Estas cousas hai que celebralas, home. Polo menos podemos dicir que cumprimos. Parabéns de novo. :)

Mr Tichborne dixo...

Parabéns atrasados, en primeiro lugar!
En segundo lugar, e como agasallo envelenado, convídoo ó xogo das oito cousas. Infórmese no meu blog, se lle presta.

La queue bleue dixo...

Vaia, vaia. Entom afinal isto como é? Ninguém o sabe senom o cura e os fregueses?
(Ah, parabéns também, claro)

Cesare dixo...

sorte nos seguintes 42...

Perry dixo...

LLego tarde, pero te deseo unha larga vida muy llena de sexo.

Fada Branca dixo...

Ten vostede unha invitación no meu blogue, por se lle ven a ben aceptala

leco dixo...

Dous días para preparar un xantar e chámao vostede improvisado? XDDDDD
Parabéns polos anos acumulados!

paideleo dixo...

Parabéns tardíos !.