mércores, 16 de xuño de 2004

Insómnio



Efectivamente, noite en branco.
Son case as 3 da madrugada cando escrevo isto, farto de dar voltas na cama sen dormir, farto tamén de ler Los pilares de la Tierra no fragor do insómnio, de odiá-lo e de preguntar-me non xa como esta cousa pode vender-se por miles senón como Fonseca ma puido encomendar tan encarecidamente.
O dia, sen embargo, non foi malo, tendo en conta o descontrol natural dos finais de curso.

1 comentario:

Zeltia dixo...

pois lin nalgures que fixeron unha moi boa serie (os mesmos de "a dos metros bajo tierra", etc.) con actores bos e guionistas de probada reputación,
para a tele por cable,
co guión baseado no libraco.