Páxinas

mércores, 11 de xaneiro de 2017

Antropoceno

Termo forxado en 2000 polo nobel de Química, Paul Crutzen, para designar a época da historia en que o ser humano adquiriu a inédita potencia de modificar a Terra, de xeito que a pegada da actividade humana ficará para sempre gravada en todo o planeta coma unha liña perfectamente identificable nos estratos que se ha de ver dentro de miles ou millóns de anos en covas ou cantís, e acabará sendo (mal que nos pese aos que vivimos agora) unha referencia permanente para os científicos do futuro.

luns, 2 de xaneiro de 2017

Semestre de libros


Dixitais (pirateados) ou en papel: prestados, da biblioteca pública ou propios; algúns foron rescatados dun prolongado sono no andel correspondente e outros viñeron para a casa como agasallo, recente ou non; e un deles, incluso, roubeino sen remorso hai moitos anos, cando era estudante en Delfos, nunha libraría que hoxe non existe.

1. La anciana que nunca jugó al tenis, de Zidrou.
2. El cuento número trece, de Diane Setterfield.
3. O vixía no centeo, de J.D. Salinger
4.  Mrs. Dalloway, de Virginia Woolf.
5. El loco del bisturí, de Yasmina Khadra.
6. Amigos e sodomitas, de Carlos Callón.
7. Qué escondes en la mano, de Benjamín Prado.
8. Adiós, Hemingway, de Leonardo Padura.
9. La excursión, de Gerald Durrell.