domingo, 26 de marzo de 2017

Gatos

Onte, na sobremesa, ofrecéronme un gato, que rexeitei ao momento apesar de que a señorita Kaplan deu en poñer olliños e cara de pito mollado.
En realidade eran dous os gatos, a elixir: puiden quedar cos dous ou ben escoller entre un de ollos moi azuis que é birollo (o que delata probablemente a súa principesca orixe siamesa), e outro que ao parecer adora a auga, apesar de que quen mos ofrece (o rapaz da miña sobriña) os atopou á deriva no río, dentro dun saco.
De cinco que eran, cinco vulnerables pelotiñas de pelo, tres xa están colocados e só restan o birollo e o anfibio, que me miran moi serios desde a foto do móbil, como quen sabe que se retrata nun momento importante da vida.

1 comentario:

matrioska_verde dixo...

eu teño unha cadeliña, adoptada do refuxio de cans donde colaboro dende hai anos... apareceu una tarde de domingo, molladiña e hipotérmica, e nada mais ver a foto dela no grupo de wasap dos voluntarios que enviou a rapaza que a foi recoller sentín unha sinal, tróuxena para casa para que recuperara peso e poder castrala e non voltou mais para o refuxio...

compartir a vida cun animal na casa é.... non se pode describir con palabras... aínda estás a tempo.

chámase Paty porque a rapaza que a foi recoller se chama Patricia... conserveille o nome.

biquiños,