luns, 2 de xaneiro de 2017

Semestre de libros


Dixitais (pirateados) ou en papel: prestados, da biblioteca pública ou propios; algúns foron rescatados dun prolongado sono no andel correspondente e outros viñeron para a casa como agasallo, recente ou non; e un deles, incluso, roubeino sen remorso hai moitos anos, cando era estudante en Delfos, nunha libraría que hoxe non existe.

1. La anciana que nunca jugó al tenis, de Zidrou.
2. El cuento número trece, de Diane Setterfield.
3. O vixía no centeo, de J.D. Salinger
4.  Mrs. Dalloway, de Virginia Woolf.
5. El loco del bisturí, de Yasmina Khadra.
6. Amigos e sodomitas, de Carlos Callón.
7. Qué escondes en la mano, de Benjamín Prado.
8. Adiós, Hemingway, de Leonardo Padura.
9. La excursión, de Gerald Durrell.


5 comentarios:

Chousa da Alcandra dixo...

Non están mal as previsións. Eu, confésoo, ultimamente téñenme tan absorto aprendendo técnicas de maceta na canteira...que a duras penas dou sacado tempo para ler outra cousa.

Anónimo dixo...

http://thorsteinulf.tumblr.com/post/38227407443/shear-in-spuh-rey-shuhn-nc-wyeth-for-a-mile

Anónimo dixo...

O comentario anterior non é spam.

Zeltia dixo...

inda me alegra ben descubrir algún título que eu teña lido. Agora onde vai que non leo novela. Cando lle bote o dente a unha heime viciar. Despois xa verá vostede : as súas listas van ser coma unha post data á beira das miñas! ;-)

Aldabra dixo...

Pois fai moi pouquiño, aí polo mes de decembro eu tamén lin Mrs. Dalloway, e pareceume unha maravilla.
E fai moitos anos que lín O vixía no centeo, e creo que vou leelo próximamente de novo porque creo que non lle quitei toda a enjundia.
Dos outros non teño referencias, tal vez poderías poñerlles ti unha puntuación para saber qué opinas.

biquiños, un pracer leelo de novo, sr. Kaplan.