domingo, 27 de setembro de 2015

Segredos

A miña irmá pídeme por wasap que non conte diante de meu cuñado que dentro de dúas semanas iremos todos comer o polbo, esa tradición.
A miña sobriña dime que non se me ocorra dicir diante da súa mai lle que trouxo de Holanda un queixiño de agasallo a seu pai (como se ve, as relacións entre os dous excónxuxes seguen tirantes dúas décadas despois do seu divorcio).
Por último, a miña mai espera que non se me escape diante de meu pai que á famosa pulpada invitan eles, como cada ano, esa tradición.
Non sei se é que falo demasiado ou que esta familia está inzada de segredos, unha de dúas.

5 comentarios:

peke dixo...

;)

Zeltia dixo...

Son lindos eses segredos.
:)
fan pensar nunha vida sosegadamente cotiá e pracenteira.

paideleo dixo...

Familia: ese gran xogo a varias bandas.

Anónimo dixo...

As familias con misterios sempre resultan moi atraentes se un é o que está situado no centro de todas as confesións.
Apertas despois de tantísimoooooooooooooooooooo tempo.
X

Aldabra dixo...

que divertidos sodes...

agora teño 52 anos e miña nai todavía dame unha paguiña cada mes a escondidas de meu pai...

meu pai dalle a miña filla, a escondidas de miña nai, algúns diñeiros de cando en vez...

penso que á xente se fai como máis importante cando ten segredos que compartir con alguén...

biquiños,
alégrame atopalo de novo por aquí Sr. Kaplan.