xoves, 29 de agosto de 2013

Oito meses de libros

Eis a listaxe dos libros destes oito meses.
Ao facela, reparo en que o número de autoras é case igual ao de autores; ningunha discriminación positiva: ou me gustan os seus libros ou non, e tanto Larsson (Asa) como Giménez Bartlett están aí por dereito propio (e, novela a novela, levo lido xa as series completas), así como os libros de Sjöwall e Wahlöö, aínda que o último que se publicou deles (Los terroristas) bateu coa miña paciencia e pouco faltou para o naufraxio. 
Algo así sucedeu con García Márquez, e ben que o lamentei: se a primeira vez que o lin, con 16 anos, me fascinou de tal forma que non podía deixalo e por pouco non me quedou o Grego para Setembro, agora pareceume que aos cen anos de soidade ben lles sobraban cincuenta. 
Camilleri leva a palma (como non, se voltarmos a el e ao seu comisario Montalbano é como voltarmos á casa), e María Dueñas cae desde as razoables alturas de Misión Olvido ao abismo tedioso do seu Tiempo entre costuras, ese folletín sen complexos que inexplicablemente tantos e tantas defenden a morte, sen que (gárdenme o segredo) a satisfacción do xa mo parecía a min me compense o tempo investido na modista. 

1. La berlina de Prim, de Ian Gibson.
2. El asesino de policías, de Maj Sjöwal e Per Wahlöö.
3. La marca del meridiano, de Lorenzo Silva.
4. Misión Olvido, de María Dueñas.
5. Donde se alzan los tronos, de Ángeles Caso.
6. La soledad de los números primos, de Paolo Giordano.
7. Nadie quiere saber, de Alicia Giménez Bartlett.
8. Cien años de soledad, de Gabriel García Márquez.
9. V de venganza, de Sue Grafton.
10. Noticias de la noche, de Petros Márkaris.
11. Mejor Manolo, de Elvira Lindo.
12. Los terroristas, de Maj Sjöwall e Per Wahlöö.
13. Sacrificio a Mólek, de Asa Larsson.
14. La búsqueda del tesoro, de Andrea Camilleri.
15. La palabra se hizo carne, de Donna Leon.
16. Un mes con Montalbano, de Andrea Camilleri.
17. Crímenes, de Ferdinand von Schirach.
18. El tiempo entre costuras, de María Dueñas.
19. La danza de la gaviota, de Andrea Camilleri.
20. Memento mori, de César Pérez Gellida.
21. Pregúntale al polvo, de John Fante.

4 comentarios:

João Roque dixo...

Depois de anos sem ler, estou super activo em leitura e devo não ter menos livros lidos que tu...

José María Souza Costa dixo...

CONVITE
Passei por aqui lendo, e, em visita ao seu blog.
Eu também tenho um, só que muito simples.
Estou lhe convidando a visitar-me, e, se possível seguirmos juntos por eles, e, com eles. Sempre gostei de escrever, expor as minhas idéias e compartilhar com as pessoas, independente da classe Social, do Credo Religioso, da Opção Sexual, ou, da Etnia.
Para mim, o que vai interessar é o nosso intercâmbio de idéias, e, de pensamentos.
Estou lá, no meu Espaço Simplório, esperando por você.
E, eu, já estou Seguindo o seu blog.
Força, Paz, Amizade e Alegria
Para você, um abraço do Brasil.
www.josemariacosta.com

peke dixo...

De María Dueñas só lin El tiempo entre costuras, por mor do club de lectura, e coido que nunca me arrepentín tanto de ter gastado tempo e cartos nese libro. Non creo que repita coa súa Misión olvido, porque non me atrae nada e porque me chegou o botón de mostra.
De García Márquez só dicir que me gustou Vivir para contarla, supoño que porque os libros de memorias me gustan, aínda que soe a cotilleo

Zeltia dixo...

pois só lle lin un deses, o de Gabriel Gª Márquez.
(Agora dáseme pola poesía, e eses, cando gustan, repiten e repiten e repiten, co cal, afórrase moito en libros)