venres, 11 de xaneiro de 2013

O cine do ano pasado

Velaquí os teñen, desde profesores de música a hobbits, desde fantasmas a samurais, horas e horas compartindo aventuras e desventuras, lágrimas e sobresaltos co mellor de cada casa: presidentes americanos, alieníxenas, actores de cine mudo, pescadores, detectives, debuxos animados, buscavidas, cantantes de cabaret, magos, pálidas damas decimonónicas, avogados, pioneiros do salvaxe Oeste, maduras de bon ver, ananos, deficientes mentais, policías, escritores atormentados, xordomudas, soldados, psicópatas, mulleres fatais, orfos, ladróns, magos, asasinos a soldo, estrañas criaturas do submundo, nazis, adolescentes, gangsters, psiquiatras, reis destronados, amantes hiperglucémicos, espías, exploradores, pais e fillos, esposas e maridos, amores imposibles.
Escollan, que hai ben onde.

5 comentarios:

João Roque dixo...

Para mim o grande filme do ano foi o francês "L'amour".
Comovente...

Chousa da Alcandra dixo...

Teño que ir máis ao cine neste ano impar. O ano pasado poucas veces fun.

Aldabra dixo...

moitas clásicas... nunca está de mais rememorar vellas pelis...

vexo que Joao recomenda Lámour, oín moi boas críticas dela, seguramente irei vela.

biquiños,

Raposo dixo...

Hai boas películas na lista. Si tivera que escoller algunhas diría, por exemplo, Psicosis, Alien, Fargo, El sexto sentido, Caravana de mujeres...
Saúdos en cinemascope.

zeltia dixo...

vin moitísimas desas películas, pero non este ano :)