xoves, 3 de xaneiro de 2013

Libros do semestre



Os blogs andan estes días ás voltas con inventarios de toda clase, e este meu non ía romper a tradicións, así que aí lles poño a lista dos libros que me acompañaron os últimos seis meses. Dixen xa algunha vez que hai moitos peixes no mar e que agora xa só leo o que me gusta e porque me gusta, de modo que se acabaron as flaxelacións e as penitencias, polo menos na lectura.
Un destes días, talvez, escribirei un post cos monstros que me acabaron coa paciencia, pero é pouco probable. 

1. La noche desnuda, de Juan Carlos Arce.
2. El perro de terracota, de Andrea Camilleri.
3. La falsa pista, de Henning Mankell.
4. Muerte en Estambul, de Petros Márkaris.
5. El ladrón de meriendas, de Andrea Camilleri.
6. Defensa cerrada, de Petros Márkaris.
7. Os fillos do mar, de Pedro Feijoo.
8. Historia de Roma, de Indro Montanelli.
9. Uñas y dientes, de Ian Rankin.
10. Ceniza, de Yrsa Sigurðardóttir.
11. Yoga para los que pasan del yoga, de Geoff Dyer.
12. Con el agua al cuello, de Petros Márkaris.
13. Crepúsculo en Oslo, de Anne Holt.
14. El guardián de los niños, de Johan Theorin.
15. Historias de Oregón, de Diego Ameixeiras.
16. Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. Docampo.
17. Corpus delicti, de Andreu Martín.
18. O misterio das badaladas, de Xabier P. Docampo.
19. El hombre de la navaja, de Andreu Martín.
20. Psicosis, de Robert Bloch.
21. Invierno ártico, de Arnaldur Indridason.
22. Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón.
23. El miedo de Montalbano, de Andrea Camilleri.
24. La berlina de Prim, de Ian Gibson.

7 comentarios:

Aldabra dixo...

pois non coincidimos en ningún...
outra vez será.

biquiños,

Raposo dixo...

Eu agora estou a ler "Podería falar de nubes", de Francisco Castiñeira
Feliz 2013 e que os libros te sigan acompañando!

João Roque dixo...

Estou a ver que és um leitor compulsivo,o que é muito bom.
Eu estive anos sem ler, mas agora estou a recuperar bem.
Mas não li nenhum destes que aqui citas.

X dixo...

Confeso que só lin un par deles e que cada vez leo menos libros. O grave e que nin sequera me fixen o firme propósito de ler máis ibros en 2013.

susana moo dixo...

Hola.
Interesante lista, pero eu espero ese post cos monstros que che acabaron coa paciencia.

Salut!

zeltia dixo...

algúns deses títulos están na estantería da casa, pero porque os trouxo a miña compañeira de piso.
Eu gozo lendo misterio e investigación, pero dende hai un tempo dáseme pola lírica.

un pracer ver de novo o blog vivo.

peke dixo...

Coincidimos en bastantes, como non podía ser menos. Tamén eu quedo curiosa de coñecer os monstros da paciencia. ;)