mércores, 18 de xullo de 2012

Nada

Marchou a señorita Kaplan, despois dunha semana aquí, pero voltará o Sábado; no intervalo aproveito para lavar cortinas e liberar cristais e xanelas da cotra anual que, por dicilo finamente, os vela e recobre coma unha pátina; o branco gato persa dos viciños, estomballado baixo a calor, revira de cando en vez a cabeza como se vixiase o meu traballo; ao pouco, aborrece, despreguízase e marcha.
Abafado e sen público, aborrezo, despreguízome e marcho tamén eu, seguro de que a prima de risco ha de seguir polas nuves por moitos cristais que limpe, por moitas cortinas que lave.

4 comentarios:

mariajesusparadela dixo...

Imos nadando.

peke dixo...

Cando menos poderá ver claro tras os cristais e as cortinas non cheirarán a usadas. ;)

João Roque dixo...

Parece que desta vez, vieste para ficar...
Ainda bem.

Aldabra dixo...

non che envexo nadiña... que preguiza poñerse coas cortinas e os cristais...

recordos á señorita kaplan.

biquiños,