sábado, 7 de xullo de 2012

Error 0036

A min, que queren que lles diga, esta curta que chegou hai días á miña caixa de correo electrónico paréceme a versión actualizada, aséptica e dixital  daquela película de Mercero, La cabina, tan analóxica, que sigue instalada na memoria colectiva de todo o país.
Pode que a angustia sexa aquí maior porque o inimigo está dentro do tobo, e porque todos xa temos batallado máis dunha vez teléfono por medio.

7 comentarios:

João Roque dixo...

Admirável mundo novo!!!

mariajesusparadela dixo...

Pois mais ou menos como na "conta naranxa"...
Claro que con 53 grados centígrados é para se poñerse a morrer...

mariajesusparadela dixo...

Pero non deixa de funcionar o chisqueiro de toda a vida: fagámonos con un.

Peke dixo...

Que espanto! Xa sabía eu que non te podes fiar ao cento por cento da p... tecnoloxía.
Verbo da cabina, eu víraa de cativa e podo asegurarlle que foi a primeira película de terror que chegou aos meus ollos. Tardei moitísimo en esquecela e, por suposto, cando tiña que usar un teléfono público deixaba a porta aberta.

Peke dixo...

Por certo, estou encantadísima de volvelo ler. :)

zeltia dixo...

joder, isto recórdame a potencia que se sente cando falas cos operadores de telefonía móbil, pero moito peor!
Falaban por aí de "a cabina",
non sei eu que dará máis sensación de claustrofobia, uff
Pero bueno, creo que na cabina o clima que se ía creando conseguía un efecto maior... non sei, tería que vela de novo, xa hai moitísimos anos que a vin e quizá a miña memoria me engana.

é estupendo que volva ao blog, kaplan.

paideleo dixo...

Canta máis tecnoloxía máis atrapados estamos.
Bonita moda gastan no futuro e vaia nomes exóticos. O que si non muda é a incompetencia.