venres 06 abril 2012

Simplemente

É unha das poucas cousas boas e sensatas que escoito en meses e non quero deixala correr, porque creo que as cousas máis grandes e belas sempre surxen de xestos pequenos e aparentemente insignificantes.

10 comentarios:

paideleo dixo...

Concordo contigo: sempre o máis grande empeza por algo simple como o que nos mostra este vídeo.

Lembro unha camisola que levei ata que me caiu a anacos do corpo. A camisola dicía: Imagina que hay una guerra y no vamos nadie.

Benvido de novo ao blogomillo e espero que este posteo tan grande como simple sexa o primeiro dunha longa e fructífera reincidencia.

X dixo...

Simplemente encantada da súa reaparición señor Kaplan, do melloriño destes días... agora que andamos con ganas de memes faltábanos a súa motivación. Saúdos.

Peke dixo...

Que ben, que ben!!!!

Mr Tichborne dixo...

Tan xenial que llo roubo :)

Aldabra dixo...

volver para ben.

biquiños,

xenevra dixo...

Impresionante. Agradecida que volvese para partillar isto.
un saúdo

zeltia dixo...

voullo enviar á xente que coñezo. realmente emocionoume.

Sigrid de Thule dixo...

levaba eu un tempo pensando en mandarlle comentario, correo ou, incluso, unha pomba mensaxeira. As cousas teñen un comezo e algúns finais queremos que sexan o máis tardíos posibles. Aínda que non se prodigue vostede moito, non peche, por favor.

A nena do paraugas dixo...

Gran verdade: os longos camiños comzan con pequenos pasos.

Alégrame o reencontro.

Un saúdo.

João Roque dixo...

Valeu a pena regressar para aqui mostrar este vídeo.