xoves, 9 de febreiro de 2012

Ormie

Mira ti que non me terei rido co cocho este desde que onte se me apareceu na consabida bandexa de correo cunha dedicatoria para os que, coma min, están condenados a unha dieta perpetua.

video

13 comentarios:

mariajesusparadela dixo...

Traducido: pasa máis fame que o porquiño...

zeltia dixo...

os primeiros intentos non me fixeron moita gracia, pero a cousa foi mellorando, e ao chegar ao punto dos desatascadores xa estaba eu a gargalladas.

:-)

(ademais... entendo a ese porco tan ben...!)

susana moo dixo...

ai, e podemos extrapolar as angustias do porquiño por todas esas cousas que se nos negan na vida! Ai!

mfc dixo...

Que angustiante!!

Chousa da Alcandra dixo...

Porca miseria!
Ás veces o que non está para nos...; pero aínda así hai que ser o suficientemente porco (léase no sentido de terquedade)para tentalo por todos os medios.
Saúde

paideleo dixo...

Pois despóis de tanto exercicio as galletas non o ían engordar nadiña.

xenevra dixo...

Gustoume empezar o día co cocho este!! Eu vivo nun constante saltarme a dieta :(

Anónimo dixo...

Para vostede
http://www.rtve.es/alacarta/videos/informe-semanal/informe-semanal-cary-grant-rey-comedia/1185260/?s1=noticias&s2=informe-semanal&s3=secciones&s4=cultura-y-espectaculos

A nena do paraugas dixo...

Aínda non parei de rir! Tantas voltiñas para quedar co frasco encaixado!

Xenial!

peke dixo...

Pobrete! :(

Aldabra dixo...

pobre poquiño, deume ata pena!

bqñs,

pinguim dixo...

Super divertido...

Peke dixo...

En que anda, querido Kaplan, que nos ten tan abandonados?