Atopo a miña irmá precisamente baixo o arco da Porta de San Fernando; ela vai para o traballo cargada de papeis e eu veño da libraría, de comprar un agasallo para Polis, que anda de aniversario. Apesar do frío siberiano, é inevitable someterse a un terceiro grao: que por que ando coxo, que donde veño, que onde vou, que que levo na bolsa de plástico; non me solta se non lle explico que vou para a farmacia, que veño de comprar uns libros e antes aínda da podóloga, e que o puto pé me está a doer tanto que ben o cortaba se tivese unha motoserra á man.
Antes de separarnos, a miña irmá solta sen pensar esa frase que non se me vai da cabeza, e que máis que para un post daría para toda unha novela ou mesmo para unha tese de doutoramento: O último libro que comprei aínda o paguei en pesetas.
Así é como, inspirado polas palabras da miña irmá e coxeando sobre a banquisa de regreso ao tobo, concibo unha idea maxistral: no sucesivo xa só regalarei libros.
Pode que non dea mellorado o índice de lectura da miña contorna, pero seguro que vou romper menos a cabeciña pensando que agasallo comprar a cada quen.
12 comentários:
Telo meu apoio nesa sabia decisión.
Com este frio apetecem livros e uma lareira acesa!
O que eu me ri com o dito da tua irmã!!
A velha peseta...
Será que iremos um dia voltar às nossas moedas?
chámame a atención a ilustración cos libros e o "frío siberiano" que escolleu par ao post, que trata diso, precisamente.
Pdero home, que o último libro que mercou o pagara en pesetas, non significa que fose o último libro que lese... eu os meus sempre os pillo da biblioteca, menos algún agasallo, e outros tesouriños que me apetece que sexan meus, meus,para subliñalos e sobalos e levalos sempre comigo.
Daquela, señor Kaplan, a súa irmá non llo vai agradecer...si aguantou desde entón, está ben claro que non lle gusta moito ler...
Lémbrame a miña irmá sempre preguntando tamén por todo e facendo o terceiro grao... É a maior supoño?
Teño que recoñecer que ultimamente non leo moito, entre o máster e o choio...
Un saúdo
Pois terá sorte se despois de regalar libros, alguén dos que reciban o agasallo non lle pregunta "que vai facer con el despois de lelo" como me preguntaron a min. Claro que tamén lle pode contestar como fixen eu "e logo muller, non tes unha mesa un pouco coxa, posllo de forra".
Por certo, mudeille o nome o blog :D
http://www.dunhabeiraautra.blogspot.com/
Sabia decisión. Os libros son os mellores regalos. Nunca pasan de moda, igual ca algunhas músicas.
Confeso que leo moitísimo menos (libros) ultimamente. Teño tanto atrasado/pendente de lectura, que o próximo que merque igual o teño que pagar tamén en...¿pesetas?
Saúde
Teremos que agradecerlle ao frío que estes días aumentase o índice de lectura, ou tal vez á pésima, cada vez máis, tv. Un libro sempre é un gran agasallo. Tamén é certo que boto de menos librarías onde acceder ás novidades sen previo encargo :(
fai deso cántos anos?
deus santo...
coa tua irmá arruinábanse todos os librerios.
asi que aplaudo a túa decisión.
bqñs,
Postar um comentário