Disque hai un tempo para cada cousa, e que afinal todas as cousas acaban.
É así como a volta a Ithaca en 1.150 posts ve con este o seu final, seguramente definitivo e sen máis reincidencias.
Despois de máis de sete anos, até Kaplan sospeita que a naturalidade con que se narraban as insignificancias e neuras do día a día empezara a tinxirse de rutina, que as palabras espesaban, e que hai vida máis aló do blogomillo no que outrora foramos pioneiros ou case.
Aos amigos e amigas que asomaron a este tobo tantas veces e deixaron testemuño de afecto en miles de comentarios, ás autoras e autores dos blogs tan queridos e visitados por min como quen entra en casa de familia, a todos grazas e unha canción como despedida.
Até máis ver.
18 comentários:
Pois sinto moito que marche, pero é decisión súa e é suficiente.
Apertas, señor Kaplan.
:-(
:-(((
(Desculpa os macaquinhos e a insubstancialidade. É que me deixas sem palavras... De verdade, que tristeza, nom sei o que dizer. A vida está aí fora, claro, e que seja maravilhosa! Mas agora aqui nós estamos um pouco mais orfos).
por suposto que hai vida máis alá do blogomillo, e aínda despois de nós haberá vida. (esa será a única que xa non poderemos compartir)
mentres tanto aquí estamos vivindo de todos os xeitos que podemos ou que queremos.
eu pronto levarei 6 anos de blogueira e se un dia boto o peche, sei que será para escribir noutro sitio.
Porque, como dí clarice Lispector "escribir es una maldición que salva. Un vicio penoso del cual es imposible liberarse. Y es una salvación porque salva el día que se vive y que nunca se entiende a menos que se escriba"
Pode que a vostede tamén lle pase e un dia, pronto se atope garabateando libretas.
Foi un pracer atopalo pola rede, e igual algún día o atopo cantando nun coro!
;-)
Grazas a ti por facer de Ithaca un bo porto abrigado no que repousar de cando en vez.
E non che digo adiós senon ata logo, porque quen sabe...
Ohhh... recebe um forte abraço.
A gente continua por aqui... e gostamos de te ver.
Volverá señor Kaplan, sempre se reincide. Como dí Zeltia "Escribir é unha maldición que salva. Un vicio penoso do cal é imposible liberarse". Volverá anque sexa para escribir para si mesmo.
Foi unha satisfacción leelo.
Apertas
Que conste que o cheiraba, pero non por iso me sinto mellor. Espero seguir tendo de cando en vez noticias súas. Moita sorte.
Não posso deixar de estar triste.
Sou um apaixonado pela blogosfera e nos blogs que escolho para seguir, como foi o caso do teu, começo a construir uma amizade virtual com os seus autores.
Daí a tristeza...
Mas a decisão é tua e respeito-a.
Se um dia voltares, diz qualquer coisa; eu estou sempre por aqui, à tua disposição lá no meu cantinho.
Felicidade e um abraço apertado.
Caemos como moscas, Kaplan.
Todo un pracer coincidir neste anaco de camiño.
Apertas dende Antas
Espero que haxa re-reincidencia. Gostaba dos seus blogues, da súa maneira de contar o anecdotico, o cotián, o noso... Que a viaxe a Itaca sexa o regreso á patria amada!!
pois a verdade é que o sinto, de corazón pero tamén o comprendo.
penso como Zeltia -que sabía é esta muller- que aínda que non volte, encontrarase calquera día escibindo nunha servilleta de calquer bar.
que sexa moi feliz, tamén moita felicidade para a señorita kaplan -que sorte tén de ter un pai como vostede-.
biquiños,
ohhh, pois qué lástima, home, poderías vir e marchar, entrar e sair...
Encantadísima de terche lido.
Mil apertas.
(se tes mono de escribir e abres outro sitio avisa eh!)
Non che sei. Pero non me gusta isto das despedidas. Claro que, todo ten un principio e un fin, pero visto así, tan de cerca...
Quería dicir que te botarei en falta. E que me atopei a gusto vindo por aquí...
En fin, sempre haberá outras canles para atoparse, que a vida dá moitas voltiñas. Ás veces de máis.
Foi un pracer e un privilexio.
Saúde e sorte.
vaya por diós! apenas me ha dado tiempo a empezar a leerle y ya desaparece, en fin...
un abrazo.
Vaia, home !. A min xa me cheiraba a can pero pensaba que era unha das avarías informáticas que de cando en vez ocorren.
Dáme verdadeira mágoa ( e non acostumo a dicir verdadeira mágoa ) que deixes isto... pero es maiorciño e xa sabes o que fas.
Se volves, que creo máis que posible, deixa recado que non sempre se atopa un blogueiro ameno e que trata de vostede a xente case coetánea ( só me levas un ano ).
E que saibas que cada vez que faga un meme lembrarei a aquel blogueiro curiosísimo pola rareza de que lle encantaban os memes que é Kaplan.
Un saúdo para ti, para a señorita Kaplan, as tías e demáis personaxes do teu mundo real.
Se me miras polas murallas ou o Mouse Park ( nunca se sabe ) saúda.
Mira que cousas lindas che di Paideleo, eu súmome.
como vou saber eu agora o que pasa coas tías...
e quen me vai mandar memes que merezan a pena...
espero que, cando lle pase a novedade que sexa, volva.
;-)
Só manifestar que si algún día queres contar aquelo que é necesario ser berrado chames as nosas portas e sen presentacións nos alegres cos teus pensamentos. Moitos saúdos e bicos.
Postar um comentário