venres, 3 de febreiro de 2012

Semestre de cine

Cando quixen facer aquilo de sempre das películas vistas no semestre pasado, un slide máis ou menos bonito que me servise de inventario sen ter que poñerme a unha sosa listaxe de títulos, descubrín con estupor que en poucos meses todo aquel sistema vai desaparecer, varrido polo vento do monopolio.
Así que, para evitar que me leve a corrente como disque lle sucede ao peixe que non nada, a min (que non nado nada) cumpriume facer desta volta unha película máis ou menos bonita que me servise de inventario para non ter que facer unha listaxe daqueles títulos vistos ou revistos, na que verán que, como sempre, hai de todo.
E a principal innovación, grazas ao Amo do Calabozo, o cine contido dentro dunha película muda.
Vexan:


video

4 comentarios:

pinguim dixo...

Há vários destes vídeos muito interessantes, de facto.
Mas nada se equipara a elaborar a nossa própria lista, mesmo que isso dê trabalho e possa eventualmente levar ao esquecimento de algum filme importante.

Sigrid de Thule dixo...

Estou absolutamente marabillada! Encántame este xeito silencioso de achegarme ó que foron as "súas" películas...Moitas delas moi queridas para min, outras non as coñezo, pero, das primeiras, especiais por moitos motivos "Beginners" e "Erase unha vez en América". Qué curioso, ía vendo este trailer personalizado e falaba en alto, exclamando : "Encantóume!", "Ai, non a vin"...falar do cine ó sair do cine, un dos meus pasatempos favoritos. Biquiños

mariajesusparadela dixo...

Ten nesa cinta moito cine dos meus tempos, dos que ainda gardo os "programas"...

zeltia dixo...

esta ben este xeito de inventario.
moitas delas xa son clásicos e, por suposto, xa as vin.
destacaría como curiosa e que sigue sorprendendo con novas visisóns a de Everything Is Illuminated