luns, 9 de xaneiro de 2012

Locus iste


Primeiro enchinme de valor para ir buscar ao rocho esa especie de sartego de cartón branco e esmagado en que despois dos anos se converteu a caixa do tradicional abeto Douglas made in China.
Despois metinme en fariña media tarde, entre bólas brillantes, estrelas de purpurina e pastores variopintos; sen parar, coma un neno boíño.
Pero...
...tanto me custou desmontar a árbore e arrumar o nacemento... que até me deu por pensar se non habería por tras daquela desgana algo máis que preguiza.

8 comentarios:

Concha L. F. dixo...

Esta é unha das razóns polas que hai xa tempo que decidín non abrir a caixa do abeto ao ir chegando o Nadal. Por desgana ou preguiza. Vaia vostede saber!
Ou porque nada desta parafernalia de nadales adornados me di algo que mereza a pena engalanar con purpurinas e boliñas de cores...

Saúdos.

Dilaida dixo...

Sempre hai un motivo para pasar por iso de sacar o abeto da caixiña e enchelo de boliñas e outras brillanteces.
No meu caso, que nunca me gustou, primeiro eran @s fill@s, que tiñan ilusión por velo, cando medraron, encargábanse el@s e agora, volveume tocar a min, por esixencia dos net@s. Polo tanto, tómoo con paciencia e durante 15 días teño na sala da miña casa, algo que o único que fai é estorbar.
Bicos

Aldabra dixo...

seguro que si rasca un pouquiño atopa a resposta...

fai anos que non desembalo á árbore, xa non me dí nada... gústanme os adornos por eles mesmos pero nada máis... pero seguro que á Señorita Kaplan gústalle á árbore e o nacemento... seguro que ela o disfruta e polos fillos faixe calquera cousa.

biquiños,

mariajesusparadela dixo...

¿Medo?

mfc dixo...

Este TEM que ser um tempo de preguiça!

Chousa da Alcandra dixo...

Pois a min gústame a lucería.

zeltia dixo...

AAAAy... coma que, Kaplan?... éme vostede un sentimental... :-)

paideleo dixo...

A min gústame o ambiente nadaleiro... de momento.