Remexendo aquí e acolá pola parte das costuras, entre outras inutilidades que o Amo do Calabozo nos ofrece xentilmente como cebo, atopo a lapela en que atesoura a listaxe das dez entradas máis visitadas e/ou lidas do ano pasado neste Reincidente, que ao parecer e contra todo pronóstico, foron (por se alguén quere dar de comer á saudade), as seguintes:
1. Salce.2. Recomezando.
3. Cando era pequeno...
4. Trece días.
5. Parabéns!
6. Tránsito.
7. A bicha.
8. Pola rúa dos 46.
9. Testamento.
10. Voto.

8 comentários:
Pasa algo moi curioso co seu primeiro enlace. Lea o correo, por favor.
Alguén seguro que as viu todas.
Intentaba ver algúns que non lembro se os lin no seu momento pero o enlace lévame seguido a Tránsito.
ah vou buscar eu a miña!
e eu sempre lle leo todo o que postea ;-)
non sei onde atopades esas cousas tan interesantes, vou ver si atopo eu algo...
eu son como Zeltia, dende que cheguei aquí, léolle todo o que postea... semella que vostede provoca adición.
biquiños,
Está óptimo para mim o novo sistema de comentários.
Um enorme obrigado.
O voto será a nossa grande arma... se bem utilizado!
mfc
Pé de Meia
Postar um comentário