sábado, 24 de decembro de 2011

Noiteboa

Non hai criaturas pequenas ou insignificantes...

Cos meus desexos de paz, felicidade e harmonía para todos

9 comentarios:

pinguim dixo...

Excelente e apropriada foto para esta época.

mariajesusparadela dixo...

¡Qué fermosa verdade!

La queue bleue dixo...

Grazie mille polo detalhe! Tenha o senhor também umhas felizes festas e que sejam uns dias cheios de alegria e bons momentos. :-)

Concha L. F. dixo...

Tamén para vostede e para a Srta. Kaplan... E para todas as persoas que o rodean a cotío.
E non soamente nestes días. Todos os días do ano.

Un abrazo desde Ourense.

Chousa da Alcandra dixo...

A grandeza cabe en habitáculos ben reducidos, certamente.
Moita ledicia nestes días. Incluso en exceso,para podela estender ó resto do ano que se achega.

(Non tocou a lotería, non. Simple preguiza!)

migramundo dixo...

Bos desexos que ogallá sexan correspondidos. Saúde.

Peke dixo...

Felicísimas festas, Kaplan!!! Encántame a foto. Lémbrame as olladas que Dona e Melas me lanzan case todos os días. As de B son outro cantar. :)

zeltia dixo...

impresionante a foto! deixoume prendida un bo anaco, mirando os detalliños, as engurras, os pregues.

este ano parece que houbo unha conxura para poñer unhas felicitacións que me gustan (non me gustan moito esoutras convencionais)

xa que vostede vive o "espectro" do nadal, que se lle devolvan con forza todos eses bos desexos que vostede ten para nós.

e boas vacacións, que comeza o inverno!

Aldabra dixo...

todo depende do cristal co que se mire...
biquiños,