martes, 27 de decembro de 2011

Calendarios

Por primeira vez en moitos anos, a miña irmá non fará chaveiros nin bolígrafos nin camisetas de propaganda; tampouco encargou calendarios para repartir entre os clientes, nin con coches antigos nin con animaliños adorables nin con santos, e menos aínda con señoras con pouca roupa, como eu lle suxiro, que ao mellor son máis baratos.
A miña irmá enrócase e esbardalla contra os sociatas e os seus gromos verdes cun furor tan agrio, e con tal contundencia me chama funcionario que se me van as ganas de seguila vacilando, principalmente cando di que había que escoller: ou a merda esa dos calendarios ou uns agasallos de Reis como é debido.
O temporal amaina sobre a mesa, comemos turrón e eu sigo buscando un calendario.

6 comentarios:

mfc dixo...

Pois... todos queremos de uma forma ou de outra ver o futuro como será!!
Um grande abraço.

Antonio Martínez dixo...

Feliz aninovo e que atope os calendarios.

mariajesusparadela dixo...

Ai, se o calendario fora quen de dicilo todo...

Dilaida dixo...

Pois se busca calendario eu recoméndolle o zaragozano, disque vén sendo un dos máis completos, pero teño entendido que non ten fotos "artísticas".
Bicos

Aldabra dixo...

O outro día díxome miña nai: Este año no me dieron ningún calendario. E eu lle respondín: Pues a mí me dieron uno en la panadería. Un grandiño con foto de bolos de pan, e barras...

Onte fumos cortarlle o pelo ó Ron, o noso caniche, e na pelu collín un calendario pequeniño cunha cara dun tigre. Foi o primeiro.

E hoxe regaloume un compañeiro da CIG dous grandes e un pequeniño de mesa.

A verdade é que a tradición dos calendarios está ben, así que comprendo o enfado da tua irmá. Eu sempre teño un na cociña, ben grande, porque as veces olvídaseme en qué día vivo. Xa vou moi maior, e dentro de ná, cáeme outro ano máis.

biquiños.

zeltia dixo...

lendo así, con sono a esta hora, lin "os sociatas e os seus gnomos verdes"
pareceume interesante.

ai, estas ceas de nadal...!

elogo anda vostede co calendario de papel, non o ten na tablet ou no smartphone cheo de notiñas que lle avisan de todo para que non lle esqueza cunha canción ou o que sexa?
(se súa irmá precisa maduras núas ó xeito daquelas inglesas en non sei que película,para espertar a xenerosidade de non me lembro que... conte comigo que estou aberta a novas experiencias cada vez que comenza un ano.
para febreiro xa estou desencantada pero neste caso daría igual, porque xa sería tarde para un calendario.

unha apertaza Kaplan, gústame telo por aquí.