sábado, 26 de novembro de 2011

Trece días

Si que dá gusto que se preocupen por un, pero non teñan medo, que estamos ben e nada pasou que me impedise actualizar (nin me secuestraron os extraterrestres nin sufrín un ataque de amnesia nin como outras veces o portátil entrou en coma nin me adiantei aos grandes cambios que se achegan entrando en letargo) como non sexa algo que elegantemente chamamos procratinación, pero que non é máis que pura preguiza.
Foi como aquel que un día sae da casa a comprar tabaco e trinta anos despois aínda non regresou, pero non por non querer voltar, senón por non saber como explicalo.
Un pouco así ocorreu comigo estes trece (!) días, pero non se me preocupen, que sigo aquí e non deixei de visitalos aínda que non deixase comentarios.
Agora vou.

13 comentários:

susana moo disse...

Eu pensei que quedara vostede conmocionado cos resultados electorais ...

mariajesusparadela disse...

O importante é que está.

Peke disse...

Iso, iso, o importante é que está. :)

JorgeCimadeVila disse...

As veces un abandónase aínda que non é que estivera "morto que estaba de parranda"

Concha L. F. disse...

Home! 13 días non son tantos! E ben cómpre de vez en cando deixar que o corpo se espreguice a gusto!

En fin, o caso é que as cousas vaian ben... Aínda que con matices.

zeltia disse...

gústame o dos matices q di concha...

Kaplan, se cadra un día coincidimos no reino da preguiza, é un sitio moi turístico...
espero que estea a ver moitas pelis e lendo bos libros de novela negra, xa nos presentará ao último protagonista que lle acompaña no sofá.

eu recomendolle melancholía de lars von trier, pero seguro que xa a foi ver. é tan inquietante... xa non polo guión, polo tratamento das imaxes, a luz, a música.

Gústame velo por aquí, Kaplan.

pinguim disse...

Já começas a ser uma ausência notada, o que é bom sinal; mas é ainda melhor, o regresso.

mfc disse...

Ohhh... como te entendo!
Fica com um abraço meu.

paideleo disse...

Eu tamén andei algo desblogado ultimamente.
A ver como nos reconectamos.

Chousa da Alcandra disse...

O importante é non facer nada. E despois descansar

Anónimo disse...

teño que falar con Zeltia... fun o domingo a ver Melancolia coa miña filla e [entre nosoutros] durminme un cachiño... e miña filla casi me mata porque a peli nos pareceu un tostonazo... debe ser desas que "o tencanta o te horroriza"... sí que as imaxes son moi boas pero é lenta lenta lenta a mais non poder e moi desacougante.

cando se vota a alguén de menos 13 días son moitos ¿non lle parece?... no caso dos blogs, os primeiros días da falla sempre penso que a persona é presa da preguiza pero cando pasan mais días logo empezo a "preocuparme" e dígome: "¿E lle pasaría algo a esta muller/home?"... así que me alegra sabes que está vostede ben.

biquiños e veña, sacúdase un pouquiño e ala... arreando.

Aldabra

Marible disse...

Eu non digo nada, son inestable e aféctame calquer cousa para que non poida escribir nin unha palabra, mutismo desconsolador. Estarei para cando Ud. queira voltar. Un saúdo

Anónimo disse...

Xa abondou de tanta procratinación!