Desde venres transito xa pola rúa dos 46 e inaugúroa, esquecendo a dieta, cun gorentoso e abundante cocido para media familia (a outra media, meus pais, toman estes días as augas nalgún remoto balneario estremeño): hai que recoñecelo, de miña mai herdei a falta de calibre nas doses, e o Domingo retornaron os comensais para dar conta dos restos, e nin por esas: no conxelador orellas e fociños agardan a súa oportunidade encerrados nun tupper, e a marea de copas e pratos vai voltando progresivamente ao acubillo orixinal.
Mentres, seguen chegando desorientadas mensaxes de felicitación pasadas de data e algunha sorpresa vía sms. A señorita Kaplan agasalloume cun dos seus preciosos debuxos, a miña irmá cun cactus para substituír o bonsai defunto, e a miña sobriña cun apetecible foie-grass que aínda non decidín se podo ou non podo comer, por aquilo da dieta.
E eu, de min e para min, tres cousas: un libro do meu matrimonio favorito, un par de zapatos de inverno, e aproximadamente un metro cadrado da casa na que vivo.

13 comentários:
É bom saber novidades tuas...
hai que se regalar mais, señor Kaplan, que dos oitenta para arriba...xa sabe. E xa lle están a chegar.
na rua dos 46? logo cumpleu vostede 45? inda é un meniño_! [iso lle digo eu sempre a case todas as miñas amizades que andan nesa franxa de edade]
mirei eu hai pouco as miñas fotos dos 45 e estaba feita un pimpollo! claro que a min entonces non mo parecía, botando de menos estúpidamente ter trinta e algo.
Non caia nese erro, que seguro que non, que lle vexo eu nos ollos que é un home moi intelixente.
teño gana de voltar eu ás novelas policíacas. agora teño cousas que esquecer y moito no que non quero pensar, así que é unha boa mnaneira meterse de cheo noutras vidas, (teño que buscar algunha serie) e noutras aventuras (unha boa novela policíaca.)
cando me decida, sei ben a quen pedirlle consello (non si?. espero que mo dea)
unha aperta moi forte polo seu cumple, que xa vexo que o celebrou como debía.
Pois que a transite vostede sen novidade ata a avenida do 47.
joer machiño, andarás a dieta pero cada vez que veño dícheste unha homenaxe. Que me parece bien, conste. E Felicidades.
Parabéns polo seu aniversario :)
Então muitos e muitos parabéns... e muitos anos de vida!
Um grande abraço.
Está ben iso de transitar pola rúa dos 46. E mellor inaugurala cun bo cocido!
Que lle sexa venturosa a andaina, aínda que teña que facer dieta de vez en cando!
Non vou ser menos, así que parabéns polos 46!
Non coñecía eu ese matrimonio.
Cando a viaxe polos 46 sexa agradable, que sexa un tren de vapor e cando as cousas vaian menos ben...para iso queremos o ave!!!
Apertas de Antas
Agora toca ir polos corenta e seis seguintes !.
Noraboa !.
Parabéns, tarde, coma sempre :(
Hai un agasallo para vostede na Selva ;)
encántame que nun día tan sinalado saltes á dieta, que só vivimos unha vez, que dín algúns [non sei si será certo]
e tamén encántame que te agasallaras a ti mesmo con algo do teu agrado, porque é bó quererse a un mesmo e un libro sempre é unha boa aposta.
lín estes días en moitos blogs [porque andiven buscando información] dun libro que penso pedir en préstamo na biblio ou comprar, si non o teñen: "El bolígrafo de gel verde", de Eloy Moreno. O homiño resulta que se auoeditou o libro e él mesmo o levou a varias librarías ata que tivo sorte e llo publicaron... así é a súa historia de determinación e confianza na súa obra
http://www.elboligrafodegelverde.com/?page_id=11
moitísimas felicidades e como a ocasión o merece e con permiso do Congo, ademáis dos biquiños habituais vouche dar unha grande aperta, desas con palmadiña nas costas.
¿gustaríache recibir un regalo sorpresa? é que se me acaba de ocorrer algo, si queres me envías a túa dirección nun correo e cho envío [aínda que tardarei uns días porque teño que facelo eu mesma]
xa me contarás.
Aldabra
Postar um comentário