Da viaxe a Estambul do ano pasado con Teddy quedábame unicamente unha moeda de 50 kurus, ou o que é o mesmo, media lira turca. Falo, naturalmente, de recordos materiais; dos outros gardo aínda centos de fotos no corazón da memoria externa, así como outros centos de recordos, imaxes e sensacións no corazón e na memoria miña.
Salvo polas imaxes do anverso e o reverso (a efixie do paiciño Ataturk e a ponte sobre o Bósforo) e polo seu valor, que rondará os 25 céntimos nosos, a tal moeda é idéntica á de un euro, como puidemos comprobar Teddy e un servidor cando recén chegados a Madrid a máquina de bebidas do aeroporto nos soltou as botellas de auga sen protestar, facéndonos felices de compralas tan baratas.
A última de todas deixeina desde aquela no coche para usar cos carros do supermercado; un souvenir útil e práctico como poucos dos que se adoita traer e recibir de viaxes propias e alleas.
Todo isto para contar que hoxe mesmo, nun momento impreciso en que deixei o carro abandonado nalgún dos corredores do supermercado mentres compraba, sen nocturnidade pero con aleivosía e probablemente premeditación, persoa ou persoas decoñecidas roubaron a prezada moediña turca da rañura en que estaba encaixada.

10 comentários:
Que xente tan cutre e ruín!
Já tinha ouvido falar na grande semelhança entre as moedas turcas e os euros; parece que têm uma moeda quase idêntica à nossa moeda de dois euros, o que já tem dado origem a fraudes.
Hai xente á que lle vale todo e en calquera sitio. Calquera anda por aí sen ter conta do peto! Logo cho baleiran!
Menos mal que as lembranzas máis fermosas están ben gardadas, non si?
Seguro que, para vostede xa valía moito mais que un euro.
Estábate lendo e estábao pensando: non é o que vale, senón o valor que lle damos!. O ladrón (ou a ladroa) pensaba que roubaba un euro, e mira ti: levou un recordo. C'est la vie mon ami
E mañán sigue o Sanfroilán i en Antas temos feira. Hai que deitarse!
Eles levaron un chasco pero ti máis !.
Este é un claro exemplo de valor sentimental versus valor material.
Quando descobrirem isso... vai ser uma invasão dessas moedas em tudo que são máquinas de autoaprovisionamento!!
pois eu nunca fun quen de quitar a moeda dun carriño (ás veces amolábame ter que desandar o andado e tentaba estaba de abandonar o carro en calquera sitio do aparcamento, pero o cabrón non soltaba o euro, como faría o seu ladrón?)
e síntolle ben que quedara sin o seu comodín-recordo.
Pobre o que o topou, de seguro prefería o euro, porque si anda a esas ten que ser porque o precisa.
E pobre ti, que quedache sen o recordiño, pero bueno, para iso tes a cachola.
(dame el/ela mais pena ca ti)
¡que mala xente!, é que lles sirve todo.
biquiños,
Aldabra
Postar um comentário