luns, 24 de outubro de 2011

Evidencias


Onte á noite deixei as persianas abertas porque sabía que hoxe non entraría o sol a espreguizárseme no salón con outro dos seus acostumados incendios, e así foi: fóra chovía por veces mainiño e por veces cunha teimosía hostil e case bélica.
Desde hai tres días un letreiro no portal avisa de que a calefacción xa está acesa; desde hai dous, os edredóns de inverno cobren as nosas camas, e esta mañá se non fun para o instituto en mangas de camisa xa non foi porque o marcaba o calendario.
Levo todo o día coas mans frías, e iso, señores, é definitivo.

10 comentarios:

mariajesusparadela dixo...

Evidentemente.

Raposo dixo...

Eu aínda non me fiaría: o do cambio climático elle unha cousa moi seria.

Peke dixo...

Onte papei un frío de mil pares de demos por ir vestida de pitiminí. Hoxe xa me precavín e levei xersei. O outono, por fin, parece que chegou. E ben que agradecín o chaquetón.

susana moo dixo...

Manos frías, amores tódolos días.
Qué gracia, veño da de Zeltia de falar da choiva. A ilusión que nos fai eh? cada un no noso recuncho, nas nosas cousas, vendo -ou escoitando- chover.

xenevra dixo...

Parece ser que no Cebreiro xa nevaba, e no Courel tamén. O relozo da praza Maior marcaba 7º ás 18:30. Parece que alguén cambiase os atrezos de vez!!

paideleo dixo...

Non é definitivo pero vén para quedar por un tempo.
Esa foto sóame a Mouse Park; pode ser ?.

Chousa da Alcandra dixo...

Xa era hora.
Que siga vindo con xeitiño, non vaia ser que se desborde o Mouse!

mfc dixo...

Vamos passar a ter duas estações... e isto para já!!!
Não vem aí nada de bom com as alterações climatéricas.

zeltia dixo...

pois "mans frías, amores tódolos días"

:-)

Maribel-bel dixo...

A evidencia: unha foto fermosa que nos leva a onde elixamos. Un bico(in-febril).