sábado, 29 de outubro de 2011

Claustro


Martes reuniuse o claustro e, sen grandes discusións nin polémicas, adoptou a decisión de que este curso non faremos actividades extraescolares en protesta contra os axustes da Consellaría; por contra, do referéndum convocado polo sindicato para esa mesma mañá nunca máis se soubo.
Votei a favor, pero son escéptico: non me parece que vaia haber, como algúns colegas argumentaban,  ningunha reacción pola perda de ingresos de empresas de autobuses, museos e hoteis, nin polo descontento das familias de  rapaces que xa non enviaremos a parques eólicos, toledos ou ribeiras sacras.
Pareceume ver a decepción nas caras dos docentes novos; ao saírmos, Cam puxo en palabras o que eu estaba pensando, que con axustes ou sen axustes a nós hai anos que non nos pillan de excursión nin fartos de viño malo.

8 comentarios:

Peke dixo...

Ah, as excursións!!! Varios anos antes de xubilarme deixei de ir porque non soportaba os berros nin as actitudes dalgúns rapaces. Xa estaban cambiando os tempos.

mariajesusparadela dixo...

Tamén nós fixemos un referendum, pero ninguén fala do 98% que se manifestou en contra dos recortes...

X dixo...

Este post contráriame e enfádame.

X dixo...

...aínda así alégrome de lelo.
Saúdos.

Concha L. F. dixo...

Tamén se fixo o referendo no meu cole. Case se pillaba ao voo á xente para que participase. Non me acabou de convencer o procedemento e moito menos que fose unha iniciativa case unilateral. Non soporto esa falta de unidade entre quen nos representa, nin os protagonismos a costa do noso descontento. Tampouco a desidia e o conformismo dun sector do profesorado.
Pero é o que hai.

mfc dixo...

A indignação tem que ser mostrada de uma forma ou outra!
Um grande abraço solidário.
Aqui e aí a mesma situação...

zeltia dixo...

pobriños os rapaces.

susana moo dixo...

Bah, con todos os meus respetos, paréceme unha decisión merdeira de todo ¡por favor! ¡a joder ao mais deble! Co que educan esas saidas, estou con Zeltia, pobriños rapaces.