sábado, 15 de outubro de 2011

15-O

Copio e traduzo do blog de Ignacio Escolar as sete razóns polas que apoio a mobilización global de indignados convocada para hoxe nos catro puntos cardinais e en demanda dun mundo máis honesto, máis xusto, e mellor.
1. Porque non me resigno a que desta crise só poidamos saír abaixando a cabeza, apretando os dentes e renunciando ao que tantos anos custou construír.
2. Porque non foron nin os traballadores nin os parados nin os profesores nin o seus alumnos nin os médicos nin seus pacientes nin os pensionistas nin os nosos fillos quen afundiron a economía. Pero si son eles, somos nós, os únicos que o imos pagar.
3. Porque quero un modelo fiscal onde cada quen aporte segundo a súa capacidade e cada quen reciba segundo a súa necesidade. Porque exixo ese “sistema tributario xusto, inspirado nos principios de igualdade e progresividade” que me prometeu o artigo 31 da Constitución.
4. Porque a Constitución tamén me dixo que “a soberanía nacional reside no pobo español”, non no Banco Central Europeo ou en Wall Street.
5. Porque se hai diñeiro público suficiente para volver rescatar os bancos, as caixas ou os seus millonarios directivos, tamén debería habelo para axudar esas familias hipotecadas que o perden todo por non poderen pagar.
6. Porque as desigualdades económicas aumentan e eu négome a que sexa a eficacia, sen a equidade, o único patrón para medir o éxito dunha sociedade.
7. Porque talvez no sirva de nada. Porque talvez nada vaia cambiar. Porque pode que só nos quede a protesta e a palabra. Pero o que seguro que será completamente inútil é quedarmos na casa e esperarmos sentados a que todo se solucione sen más.
Por estes sete motivos, e outros moitos máis, este sábado 15 de outubro estarei na rúa para pedir ao mundo un cambio global. Un cambio a mellor.

4 comentarios:

Antonio Martínez dixo...

Pois iso, estaremos na rúa.

mariajesusparadela dixo...

Estou dacordo con vostede.

Chousa da Alcandra dixo...

Todas son razóns moi válidas, pero dende logo a última non é a menos importante.
Non puiden participar, que ando algo liado ultimamente, pero de espíritu non faltei.

A nena do paraugas dixo...

Completamente de acordo. Aínda que non valga para nada, ou nos movemos, ou perdemos ata a capacidade para pensar.