Todos os que me len o blog saben que os memes me gustan máis que a un parvo un rotulador; sen embargo hai algo aínda mellor, e é cando a un lle dan un premio.Neste caso non me caeu nin a primitiva nin os cegos nin terei que desprazarme proximamente a Oviedo: a imprescindible e grata Zeltia tivo a ben concederme o Sunshine Award, premio cun nome de tan exóticas reminiscencias, coa condición de concederllo á miña vez a outros doce blogues.
Que escollín entre os que manteñen relacións con Ithaca á medida que se me viñan á memoria, e por ningunha outra razón; como só entraba unha ducia, e a memoria non dá para máis, despois de descartar os que xa estaban na listaxe de Zeltia, eis os que quedaron.
13 comentários:
"Me había prometido no emocionarme"... :p
Merci beaucoup, Kaplan!
Debería haber un premio para cada blog que sigue en pie, contra viento y marea, en estos tiempos que corren de descuido. Que nos sigan sonando tan acogedoras palabras como blogosfera o blogomillo :)
Pois eu sonlle anti-meme.
Moitas grazas, é unha honra seguir aparecendo nas súas listaxes malia a infertilidade da Selva. Saúdos.
Pero, ¿sabe? esta Robinsona síntese moi ben achegada a esa peque que ten unha gradicela.
É um prazer ser distinguido por ti!
Leva daqui um grande abraço amigo... e um sempre até breve, meu Amigo.
Parabéns pelo prémio.
Alédame que vostede o recibira con gusto. Eu penso coma Ra, que os que resistimos co blog ano tras ano merecemos un premio (e ese foi o meu criterio de selección: un premio á perseverancia no momento da interrelación inmediata que supoñen feisbú e similares)
Moitísimas grazas, Kaplan. Perdoe a pregunta, porque quizais é froito do meu despiste crónico, pero... que se premia? Que seguimos vivos, quizais? ;)
Como no sé escribir en gallego y, si lo intentara, podría hacer un estropicio, voy a agradecer el premio en mi lengua vasca.
Ene Kaplan maitia, bihotzez eskertzen dizut sari polit eder hau eta are gehiago urte askotan irakurle izan izana. Aurrerantzean ere nahiko nuke elkarri irakurriko bagenio, orain arte bezala.
Pois eu estou agradecidísima!!! "Agradecidaaaaa y emocionadaaaaa". Sí, os blogues son para a resistencia. Moitas grazas, Kaplan!
Agradecido pola mención Sr. Kaplan
pois moitísimas gracias polo premio, de verdade, pero espero non te pareza mal [ven, penso que será así] que non o deixe no blog, é unha norma que teñ
biquiños,
Aldabra
Ups! Case me esquezo do máis importante!
Grazas polo fermoso premio...
Postar um comentário