luns, 12 de setembro de 2011

Parte de saúde

Empezo a pensar se non terei unha mala saúde de ferro, como popularmente se di, para darme ánimos e tranquilizar a xente: sigo coa tensión algo alta e comprobando cada dous, tres días na farmacia como o meu azucre en sangue oscila vertixinosamente pero sen entrar en razón.
 A médica segue optimista: atribúeo á dieta e dáme máis pastillas, pero decide seguir o protocolo e cun sorriso envíame a facer probas ao oculista e ao cardiólogo, por se hai algún problema na miña retina ou no meu corazón derivado da negra sombra que me asombra.
O outro día na consulta pregunteille o das dores no lombo, que rara vez me molestan de día, cando estou de pé ou sentado, pero que me fan pasar malas noites, cando estou deitado. Igual todo é culpa do colchón, que ten moitos anos, coméntolle, e a doutora di que pode ser unha contractura muscular ou unha hernia discal ou calquera outra cousa, que debo consultalo cun traumatólogo e logo cambiar o colchón segundo o que el me diga.
O meu amigo Polis, licenciado en Dereito pero que gran eminencia perdida para a Medicina, está seguro de que é unha mala postura causada polos moles do colchón, como lle sucedía a el antes de comprar o futón no que agora xura durmir coma un bebé; a miña irmá, a quen só faltan dúas etiquetas de nescafé para doutorarse en Traumatoloxía, é moito máis dramática e afirma que o meu ten que ser, como mínimo, unha hernia de disco, aínda que coñece casos de tumores na columna que non se diagosticaron até ser demasiado tarde.
Para colmo de males, o portátil novo colapsou o outro día sen dicir ni mu; na tenda teñen o servizo técnico de vacacións e a min cumpriume voltar ao xoguetiño de miña irmá para ir saíndo adiante. Se non me mirou un torto que baixe Deus a velo.

11 comentarios:

zeltia dixo...

pois vexo que vostede está MOI ben coidado, con todas esas eminentes autoridades en diagnósticos. Pero eu arredaríame algo de súa irmá porque se fose algo hipocondríaco habíalle dar peores noites que (a edade) o colchón.

vostede coide a dieta, desfágase de tensións psicolóxicas, e verá como o zucre no sangue terá uns niveis normais (non esqueza as pastillas) e durmirá coma un bendito.

e por favor, siga informando.
mellorías!

mfc dixo...

Bem... andas em maré de azares!!
Maleitas e o portátil... tudo juntinho!!!

peke dixo...

Léveo con calma; é vostede novo de máis para poñerse tolo. Total, aquí non quedamos ninguén.

Anónimo dixo...

Querido Kaplan, está comezando vostede a preocuparme en serio, non deixe de nos facer entrega puntual dos seus partes de saúde e que non o asombre ningunha sombra, verá como dentro de nada está como unha rosa sen espiñas ;)
En canto ao do portátil, dígolle por experiencia que a baixada masiva de torrents ás veces forza a máquina.
Saúdos.

X

mariajesusparadela dixo...

Pois, a min paréceme que está a somatizar o inicio do curso, con mais horas e mais rapaces...

Rabisco dixo...

Epá...é pensar positivo.
Pensar positivo e tudo fica bem!

Abraço

http://rabiscosincertossaltoemceuaberto.blogspot.com/

Jorge V. dixo...

Cando veñen veñen todas xuntas... Máis vostede sexa optimista que como ben dí o refrán "Deus apreta pero non afoga!"

Anónimo dixo...

Vouche contar o meu caso para que non te preocupes de mais porque percibo que si ven lle queres quitar ferro ó asunto parece que sí, que algunha sombra che asombra.

Empecemos pola tensión.

¿Xa che puñeron un holter?

http://es.wikipedia.org/wiki/Monitor_Holter

Houbo unha época en que eu tiña a tensión polas nubes (e non exaxero), fun o cardiólogo e antes de darme pastillas fíxome esta proba, e resultou que a miña tensión era nervosa. Así que si ben tiña que controlala ó remedio mais eficaz foi que non lle fixera caso.

O do azúcar e fariña de outro costal, a dieta é importante, así que tés que pasar polo aro.

E por último, respecto das doores de espalda. Ben, padezo destas doores desde fai anos, casi desde que teño memoria e é mais do mesmo. E falo de door de esa de ter que tomar pastillas para empezar o día.

A miña musculatura/ estructura ósea contractúrase a causa do sistema nervoso. Estou farta de ir ó médico e que me fagan placas. Non teño nada. De cada dous meses ou cando o necesito vou ó meu maxasista de confianza, descontractúrame un poquichiño e así vou tirando. Comprei un supercolchón que me costou un ríl e parte do outro pero nin con esas. O colchón (si ben axuda) non sana.

Miña recomendación (xa vou en cuarto de carreira da especialidade "Medicina sirenil para ir tirando")é que non penses moito nas túas doenzas, que fagas exercicio e sin non, alomenos que camiñes, que te poñas mais en contacto coa natureza, e si é necesario que practiques algún exercicio de relaxación, seguro que podes encontrar algo na rede, hai relaxación estática e dinámica. É moi facil e de verdade que a mín me axudou no seu momento.

A psique é o importante, de verdade. E olvídate de tumores, hernias e demais, aínda que sí que está ben que fagas probas para descartar e quedar tranquiliño.

Moitos bicos sanadores e reparadores e si tes algunha dudiña mais, pregunta, pregunta... je je je

A doutora Aldabra.

Raposo dixo...

Debe ser a vontade do Señor asi que resignación, moita resignación!!

susana moo dixo...

Non si posibilidades de morrer de calquera cousa témolas todas, é cuestión de tempo.

O meu consello: que hai é que sacudir ese colchón, pero ¡ben sacudidiño!

pinguim dixo...

Eu andei anos e anos com a tensão alta, e só ao fim de muitas experiências de fármacos, a consegui controlar.
Tenho diabetes, mas também sob controlo e sou cardíaco (angina de peito), mas vai-se vivendo...
Como vês, não estás só nas tuas maleitas.
As tuas melhoras.