martes, 27 de setembro de 2011

En folga

Unha vez máis, e xa perdín a conta estes últimos tempos, vou á folga.
Opóñome rotundamente aos recortes en educación: denuncio a  non contratación do profesorado interino e substituto necesario e os apaños na distribución das asignaturas afíns, que frecuentemente acaban impartindo docentes doutras especialidades; protesto contra o aumento de horas lectivas e a atribución de funcións absurdas e impropias, como a de custodia; rexeito os ataques continuados ao ensino público co habitual desvío de fondos aos centros privados; acuso ás autoridades das diferentes administracións de poñeren intencionadamente en perigo os dous piares do noso benestar dos que máis orgullosos debemos sentirnos: a sanidade e a educación.  
Non é unha cuestión de crise, senón de boa administración e de visión de futuro.

10 comentarios:

mariajesusparadela dixo...

Tamén eu estiven de folga, pero non eramos moitos.

mfc dixo...

Esta luta por uma educação... só pode ter sucesso.
O futuro está aí.

pinguim dixo...

Aí, como aqui...

Anónimo dixo...

sinto moito a situación pola que estades a pasar, o dos recortes é unha vergoña.

a cultura e a educación son moi importantes.

biquiños e paciencia... creo que este curso vai ser duro.

xa fixen os deberes de "pequena", espero que non te defraude moito... o digo porque ti decías ter curiosidade... je je

Aldabra

A nena do paraugas dixo...

Eu tamén fun á folga. E volverei ir, se cómpre. Estou moi cansa de que todo o mundo faga do ensino público galego e español un vertedoiro de lixo. E de que se nos considere aos e ás docentes coma a fonte de todos os males económicos e sociais... E de máis cousas que din os políticos e moitos medios de comunicación!

susana moo dixo...

Pois ánimo, igual o conseguides,...

( moi convencida non estou, de mudar o camiño dos acontecementos, pero pero, quén sabe? cousas mais difíciles se conseguiron loitando.

Μολων λαβε dixo...

Os recortes en educación serán unha lacra aínda máis sobre o débil mercado de traballo que temos e sobre a conciencia e capacidade crítica das nosas sociedades. A min indigname moitas veces fitar como se manipula a sociedade tan facilmente, encabroname de carallo e neses momentos chego a afirmar cegado pola ira que a democracia é unha merda e que non é o sistema preciso, porque a xente é parva e non ten capacidade para discernir. Eso evidentemente logo pasame e penso que a base de paos aprende o ser humano, e non só individualmente, senón social. Debemos loitar, insistir, seguir... Só así se abre camiño!

Unha aperta

Anónimo dixo...

Non se está tomando demasiados días de folga o señor?
E como é que vai a súa saúde?
Saúdos.
X

setesoles dixo...

Se cadra entendo as razóns dos que din que unha folga é unha cousa ben pequena e pouco efectiva xa a estas alturas, pero o que non entendo é á xente que se queda no seu posto como se non pasara nada. Xa caíron todas as caretas. Daquela, qué carallo estamos esperando? Que veña salvarnos o capitán América?

Saúdos, rapaz.

Antonio Martínez dixo...

Creo que tan só estamos a ver parte do que nos vén nos vindeiros tempos...