venres, 16 de setembro de 2011

Curso

Nada como a música para empezar o fin de semana, aínda que nos recorde que en poucas horas voltaremos ao traballo. A señorita Kaplan comezou hai uns días e eu tiven hoxe a presentación; de momento empezamos sen listados, sen libro de texto, sen demasiado entusiasmo e cun horario a imaxe e semellanza do do curso pasado. A novidade é a redución de profesorado e o descontento xeral do claustro, que apuntou xa a eliminación de actividades extraescolares e pospuxo decisións para unha nova reunión.
Xa veremos.

video

10 comentarios:

Maribel-bel dixo...

Mágoa que a desilusión sexa a protagonista desta volta ó colexio. O mesmo en todos os lugares. Esperamos máis, pero non hai alento. Un saúdo

mariajesusparadela dixo...

Pois, despois de ver que con tan pouco se pode facer música, teño claro que imos facer maxia...

Peke dixo...

O vídeo está moi ben. B polo momento non empeza o curso por un contencioso que teñen coa inspectora. O luns teñen claustro para os horarios. Veremos cando empezan. Mentres tanto, eu ao meu.

Concha López Fernández dixo...

Coma a Srta. Kaplan, comecei o curso hai uns días, con ilusión por ver ás crianzas, pero con desencanto polos malos ventos que corren para a educación pública. E moito me temo que o peor aínda está por vir!

De todas formas, ánimo, que cada día máis é un menos que falta para o seguinte descanso!

Concha López Fernández dixo...

E grazas polo agasallo...

mfc dixo...

Lindíssimo... faz lembrar o som de um xilofone!

paideleo dixo...

Haberá que facer caso dos que din: A mal tempo, boa cara.
Ánimo que queda un día menos para que remate esta situación.

Xan dixo...

Corren malos tempos para todo o que non sexa recortar dereitos. Só desexo que un día pasemos de espectadores mendicantes a persoas que decidimos rexer os nosos destinos.

Chousa da Alcandra dixo...

Pois a min esa música que era para empezar o fin de semana, tamén me valeu para rematalo...

Anónimo dixo...

polo que parece vai ser un curso tumultuoso.

biquiños,
Aldabra