luns, 29 de agosto de 2011

Recta final


A semana pasada celebrei os catro anos neste tobo cambiando de seguro de vida, o que me supón un incrible aforro de 350 eurazos nun seguro a cobrar polo banco no caso de eu morrer, e que portanto non vou desfrutar. Diante da diferenza, a directora da oficina acabou recoñecendo que, a fin de contas, eles son un banco e non poden competir cunha compañía de seguros que se dedica a iso, zapateiro aos teus zapatos, e canceloume a renovación anual sen poñer obxeccións.
Pero para o novo seguro cumpriume respostar un cuestionario telefónico de saúde enumerado por unha amable voz feminina. Nunca imaxinei que houbese tantas enfermidades, algunhas das cales nin sei a que órgano afectan; tampouco me sucedeu nunca que unha descoñecida me preguntase ao minuto de empezarmos a conversar se teño hemorroides, fimose ou algunha enfermidade nos órganos reprodutivos.
Está claro que silenciei os meus asuntos de tensión e glicose á falta dun diagnóstico firme, pero máis por  indecisión á hora da resposta do que por intención de fraude, xúroo.
A este respecto, a dieta vai erosionando lentamente a montaña de azucre, e os niveis que me miden unha mañá si e unha mañá non na farmacia seguen altos pero menos. Afástase o fantasma da DM, e eu sigo mirando para outro lado para non ver a pinga de sangue que me mana do meimiño; despois, recibo as felicitacións da boticaria e as acólitas, pago tres euros e corro á casa a almorzar coa señorita Kaplan, que aínda ten as sabas pegadas.

12 comentarios:

Chousa da Alcandra dixo...

Nunha primeira análese tiro dúas conclusións: ou moi carodedios era o seguro que che tiña feito LCX ou moibaratodecristo me parece o que agora che fai a cía preguntona sobre doenzas testiculares.
350 euros é o 50% do salario de moita máis xente da que estaría disposta a recoñecelo; así que...paréceme un pastón. Parabéns polo aforro e xa nos podes montar unha festiña aos blogoamigos :-). Prometo un brinde pola cía do ourizo cacho.

susana moo dixo...

Mira que gravan as respostas e logo se non queren pagar buscan ahí as cosquillas. Pero bueno, o seu zucre baixa, esperemos que non a súa dozura.

mariajesusparadela dixo...

Vou rezar para que non morra neste mes. De ser así, non lle pagan un can, alegando falsidade.

Faga favor e cóideseme.

Jorge V. dixo...

O caso é non se mancar e non ter que usalo nunca, menos neste caso!

mfc dixo...

Detesto esses tipos das seguradoras!!
Ahhh... e os dos bancos também!

pinguim dixo...

Nunca tive um seguro de vida...
Pelo menos, evito perguntas inoportunas, hehehe.

zeltia dixo...

mi madriña que caro sale que lle dean cartos aos herdeiros!
aforrar 350 euros!
con eles xa algún parado arreglaba o mes!

do que me alegro moitísimo é de que se vaia regulando o seu nivel de zucre no sangue...
porque que as vacacións acaben non lle é malo de todo!
(quizais este ano consiga algo máis de ilusión no traballo)

Xan dixo...

Alégrome que as análises vaian ben. O da fimosis e hemorroides polo visto deben ser enfermidades mortais.

Sigrid dixo...

Eu, coma Susana Moo, alédome desa baixada de zucre, e agardo que non lle quite dozura, que ten vostede moita no carácter e non imos precisamente sobrados dela os demáis... o das dietas, qué cruz!

Yolanda dixo...

Alégrome de que estea mellorando a súa saúde. Coídese e colla o curso con ilusión e ganas, que é vostede un excelente profesor e hai alumnos que ben o merecen.

peke dixo...

Eu non vou ser menos e tamén me aledo de que a cousa vaia mellorando. Cóidesenos!

Anónimo dixo...

alégrome moi de que a túa saúde vaia mellorando pouquiño a pouco... o de facer dieta é !unha merda mais!, que digo eu, ¿non?

biquiños e non te desanimes.
Aldabra