sábado, 20 de agosto de 2011

O Animador

A tarde está de trevoada e agora está a arder como a boca dun forno. Tiña pensado escribir un post sobre os arrepiantes e escandalosamente monotemáticos informativos destes últimos días, pero podía saír algo tan inflamable que me deu medo abrasarme. En lugar diso, optei por fuxir da realidade á procura dalgo amable con que entretelos a vostedes despois da sesta. 
A seguir, revisitamos o Mito.

8 comentarios:

mariajesusparadela dixo...

E por iso para saber se unha esta preñada, hai que lle preguntar a unha rá ¿non sí?

Rabisco dixo...

Muito bem escolhido!
Eu já conhecia mas é sempre muito bom ver.
=)

Abraço

Chousa da Alcandra dixo...

Pero solo había tres rás! (Quietoparado, que catro eran os evanxelistas. Como vexo tanto informativo ablandáronme os miolos e lieime algo coa historia sagrada. Por esa mesma razón perdín algo o fío da xerarquía diocesana na Ulloa...jajaja).

Concha López Fernández dixo...

Unha maneira moi didáctica de amosar a xénese da estupidez humana.
Sempre ha de haber alguén detrás que manexe os fíos?

Xan dixo...

Está xenial! Quen manexará os fíos do monicreque de bieito?

paideleo dixo...

Mui bó!.
Canto lle queda ao xénero humano por saír da charca das ras !.

pinguim dixo...

Muito boa opção em detrimento de "coisas" já demasiado repisadas...

zeltia dixo...

gústame moito o teatro de monicreques, e neste tema do mito, moi boa a representación!