martes, 23 de agosto de 2011

Glicemia

 Onte estiven de malas todo o día.
Teño a saúde desgobernada e os resultados de onte (apesar da dieta, da medicación e dos responsos de miña mai a Santo Antonio) acabaron amargándome o día, cruel paradoxo para quen atesoura nas caves do sangue tan abundante e doce stock.
Ao serán a trevoada escampara: para iso cumpriume dar dúas voltas á muralla, ler as trinta páxinas en que Truman Capote conta a vida en Taormina e a historia dun corvo chamado Lola, ver outro episodio de Cosmos de Carl Sagan que me prestou Teddy para ver (e non dar visto) coa nena, e unha longa chamada da señorita Kaplan contándome como lle fora no primeiro día na escola de vela.

14 comentarios:

Anónimo dixo...

sinto moito o do seus males, Sr, Kaplan, teña pacencia e siga coidándose que entro eso e os rezos da sua nai, sin dubida, que curará de seguidiña.

biquiños sanadores, nunca veñen mal.
Aldabra

Peke dixo...

Aínda que non sanden, amosan cariño, así que aí van tamén os meus. :)

Magdalena Malungo dixo...

Pois xa sabes cáles van ser os propósitos do novo curso escolar? ser bueno, ser bueno e coidarse! ;-)) Ánimossss!

susana moo dixo...

Pero a san Antonio non se lle rezaba para conseguir un home.
"San Antonio, san Antoniño
dame un home dame un homiño
anque o tamaño sexa dun gran de millo"

Veremos cómo resultan os rezos da nai,...

Bicos e ánimo!

mariajesusparadela dixo...

"San Antoniño/dádeme un home/anque me mate/anque me esfole/" di Rosalía. Pero os responsos sonlle para os difuntiños e ó de Padua rézaselle para que aparezcan as cousas perdidas aquelo de "si buscas milagros, mira/muerte y error desterrados/miembros y bienes perdidos/recobran mozos y ancianos" jejeje. Xa ben ve que o sei, que me axudan os anos.
Pois que se recobre, meu amigo. Se quere, pódolle mandar unhas ducias de figos, que endulzan a vida (ai, disimule).

mfc dixo...

Com a saúde não se brinca!
Rápidas melhoras e um abraço.

zeltia dixo...

oh púxonos vostede sugar, sugar lovely...
na miña familia teñolle eu varios membros coa sangre dulce, volvemonos todos doces coa edade, eu xa me poño á cola!

pois a continuar coa dieta e facer exercicio e tomalo con filosofía, (sorrisas e amor axudan; non os figos de mariajesusparadela!)
e moito ánimo, as vacacións e os cambios de costumes non axudan moito a esas cousas.

zeltia dixo...

cando dicía "volvémonos todos doces coa edade" referíame aos da miña familia, non a vostede, que é unha criaturiña aínda e ten moitos figos que comer!!!!!

Chousa da Alcandra dixo...

Rozan o refrán; pero non logran escribir (que saber sábeno) o de Antas: "San Antón, San Antoniño, dame forza no carallo
coma ó porco no fuciño"

Rabisco dixo...

As melhoras Kaplan!
Que fiques bom depressa.

Abraço

http://rabiscosincertossaltoemceuaberto.blogspot.com/

Xan dixo...

Sr. Kaplan, non lle vai quedar máis remedio que porse a facer deporte para consumir a enerxía almacenada.

Maribel-bel dixo...

Os días de rematar as vacacións e de volver a comenzar co traballo creo que nos sumen en estados anímicos propicios para enfermar. Virán tempos mellores e a coidarse. Un saúdo

xenevra dixo...

Tras a treboada, sempre chega o sol. Pero iso non quere dicir que a chegada sexa inmediata.
A mellorar!!

pinguim dixo...

Eu passei umas boas horas (ou melhor, más), na urgência de um hospital, a acompanhar um amigo meu.
É tão mau o ambiente, tão demorado e tão deficiente, que, mesmo quem esteja bem, corre sérios riscos de ficar doente.
As melhoras.