xoves, 14 de xullo de 2011

Reacciona

Fago un altiño entre tanto cadáver e tanto misterio para cambiar as tornas e ler Reacciona, un libro totalmente diferente, aínda que polas súas páxinas bulen delincuentes e ladróns tan perigosos e faltos de escrúpulos coma os das novelas, se non peores, e tramas aínda máis negras e máis temibles, principalmente porque son completamente reais e nos afectan a todos.
Da proposta do economista Juan Torres López copio o final do seu artigo, coas seguintes propostas de sentido común:

Veñen a por todos nós e non van parar até o teren todo se non lles facemos frente.
As mentiras e a fraude están claras así que o que cómpre facer tamén o está: dar a volta ao que nos veñen dicindo. [...] Habemos de reclamar que se investigue o comportamento e a responsabilidade dos banqueiros que produciron a crise e que enganaron a miles de clientes e o das autoridades, coma o mencionado Caruana, que ocultaron o que se xestaba e permitiron que a economía se viñese abaixo para que os bancos e as grandes empresas seguisen saíndo a flote. Hai que impedir que miles de familias sigan a perder as súas casas e os seus patrimonios pola avaricia e os enganos da banca e hai que poñer fin ás políticas de recortamentos de dereitos porque non é verdade que nos vaian sacar do pozo onde nos meteron os multimillonarios e os grandes capitais, senón que nos van afundir aínda máis. Hai que saír á rúa a reclamarmos xustiza e poñer fin a tanta mentira.
Aínda está vostede a tempo. Non se deixe enganar máis e reaccione dunha vez!

2 comentarios:

mariajesusparadela dixo...

E a qué exactamente lle chamamos reacción ¿a sabelo? sabémolo todos; ¿ a pedílo? somos indignados...¿qué hai que facer?.

zeltia dixo...

Eu xa pensei que o movimento dos "indignados" saíra adiante un pouco por sementes como as de ese libro.