sábado, 30 de xullo de 2011

Memento mori

Cada noite adormecíamos coa marea de noticias económicas e os documentais que a televisión nos vertía no cuarto;  un día soubemos da morte do pintor Lucien, o neto de Freud
Cumpriume disimular o riso para explicarlle á señorita Kaplan, que cun ollo controlaba a tele e co outro devoraba un libro de Sherlock Holmes, que o finado nada tiña que ver co home dos supermercados.
Da morte de Amy Winehouse e a súa asunción ao ceo dos mitos falamos sen entrarmos en grandes profundidades; non sei se á señorita Kaplan lle servirían de moito as reviravoltas de Amy, completamente bébeda no último concerto en Belgrado, ou as fotos escolares que os xornais publicaban, para comprender o concepto de mito por morte prematura de que todos falaban. Pouco importa: sen ter ouvido falar antes dela, a nena interesouse por Amy como por unha vella coñecida, e cada mañá buscábamos nos xornais do hotel e polos postos de prensa da rúa os resultados da autopsia ou detalles do seu enterro.
Coa terrible matanza da Noruega sucedeu outra cousa diferente: non era só cuestión de palabras, de traducirlle á nena as noticias que escoitábamos nos informativos da televisión, de explicarlle onde estaba Noruega ou que facían eses rapaces naquela illa verde con forma de corazón.
Pronto comprendín que o que en realidade tentaba explicarlle a unha nena de once anos e polo que ela me preguntaba é algo para o que ningunha persoa de ben terá nunca explicación.

11 comentarios:

Xan dixo...

Hai cousas que non teñen explicación posible como o de Noruega. Pero hai quen axuda a axitar a intolerancia e a mentira en mentes que van enfermando e odiando como ocorre en alguns medios como intereconomia.

mariajesusparadela dixo...

Pero é bo, desde isa idade, saber que imos morrer. Sen facer unha traxedia.

pinguim dixo...

Uma tragédia dos nossos tempos...
O meu receio é que aconteçam coisas semelhantes, aqui ou ali, por todo mundo.

Chousa da Alcandra dixo...

A última frase é absolutamente demoledora.

mfc dixo...

A "silly season" está mesmo... silly!

Peke dixo...

A viaxe, polo que leo, foi educativa en moitos aspectos.

Jorge V. dixo...

Estou dacordo con vostede, como explicarlle non só a unha nena senón a calquera semellante atrocidade.. Moitos xornais publicaban que o asasino quería "matar o futuro" mais o futuro nunca pode matarse por moito que se intente.

Unha aperta

zeltia dixo...

Ás veces ríome moito cos seus enlaces.

E esas explicacións que lle da vostede á súa filla sí que son clases!

Sigrid de Thule dixo...

cantas cousas caben no mesmo mundo nun mesmo instante... e mesmo a sorpresa grata dunha nena ante unha nova cidade e tamén a súa cariña de incomprensión ante algo, que como vostede di e moi ben dito, non deberíamos ter nunca explicación nen vérmonos na obriga de explicar.
Benvido, Sr. Kaplan

Aldabra dixo...

para a matanza de Noruega non teño palabras... para o de Amy, decir que era de esperar, a rapaza non andaba dereitiña e xogaba con cousas de morrer... a economía... ¡que pereza!... e ó pintor non o coñécía.

....

biquiños,

La queue bleue dixo...

11 anos. Ai, por dios santo, que empanada. Lim antes o post anterior do que este (cousas dos leitores de feeds que colocam as cousas novas de primeiro) e estava demasiado vaga como para ir mirar nos arquivos do blogue o post aquele do aniversário (no qual, por certo, tinha na cabeça deixar algum comentário de parabéns mas para variar nalgum momento saiu da cabeça e quedou por fazer). 11 anos.